CAMPIONATO PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA BENXAMIN (24/5/2014)

133

O pasado fin de semana, concretamente o día 11 de Maio celebrábase en As Pontes o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala, campionato que na categoría benxamín gañou o equipo do ANPA Santa María. Pois ben, este primeiro posto no intercomarcal levará a estes rapaces da nosa vila a xogar o Campionato Provincial de Fútbol Sala, competición que terá lugar o vindeiro sábado 24 de Maio de 2014 no Pavillón Municipal de Cabana de Bergantiños a partires das 11 da mañá e enfrentándose polo título a os campións comarcais de Coruña, o EDM Cabana; de Noia, o EDM Negreira e de Santiago, o CPI Fonte Díaz.
Un gran logro para Mario Regueiro, Xoel Purriños, Mario Torrente, David Cendán, Mario Fraga, Alejandro Fraga, Sergio Cabarcos, Ángel Purriños, Alejandro Montero, Iker Castro, Diego Purriños e Hugo Blanco estar xa nun Campionato Provincial e polo tanto, un gran logro para o fútbol sala de base na nosa vila.
BENXAMINS-SANTA-MARIA.jpg


Nova cortesía da Delegación de Deportes do ANPA Ponterromana – C.E.I.P. Santa María

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios