AS PONTES SERÁ MAÑÁ A CAPITAL DO RUGBY GALEGO

83

Medio milleiro de xogadores e técnicos vanse congregar mañá en As Pontes na grande festa do rugby galego.
Con motivo da disputa da final abosluta da copa Xunta desta modalidade deportiva, o Clube de Rugby Fendetestas preparou unha xornada intensiva de rugby na que se dará cabida a todas as categorías.
Decidíase asumir, nuns esforzo sen precedentes, a organización conxunta de todas as finais dende os sub-14 ós absolutos, e adicar a mañá a unha concentración de escolas de rugby.
Dende Pontevedra, Vigo, Lalín, Ferrol, A Coruña, Ourense, Ponferrada, Lugo, Santiago, Vilagarcía, e de As pontes, chegarán equipos dende m9 ata m12 para disfrutar dunha xornada lúdico deportiva na que se inclén a formación e acompetición en categorías mixtas.
Toda a mañá terán actividades deseñadas específicamente para os máis pequenos, que seguirán logo con partidos amigables.
Xa pola mañá chegará a hora da primeira das finais. En sub-14 mediranse o CRAT coruñés, que estará en todas as finais, e o C. R. Vigo.
Nenos.jpg


A final de sub-16 repítena os mesmos equipos con comezo á unha da tarde, e por último a de sub -18 depáranos un emparellamento entre CRAT e Pontevedra que arranca ás tres e media da tarde.
As finais absolutas son, ás cinco e cuarto a feminina con CRAT e Vigo como protagonistas, e a de senior masculino, esta xa no campo principal de O Poboado a partir das sete. O CRAT de división de honra b xogará contra o C. R. Ferrol, a grande solpresa que se meteu na finalísima demostrando que non foi casual que este ano arrasase na segunda autonómica, unha categoría que demostrou quedarlle moi pequena.
Ademais de organizar esta xornada histórica de rugby, o Fendetestas terá no campo a varios xogadores e xogadoras saidos das suas escolas nas finais. En senior masculino un pontés, formado na canteiria verde, pero cun extenso curriculum con moitos equipos, Chucky é o líder do CRAT.
Na final feminina hai dúas xogadoras pontesas nos equipos finalistas. Carla xogará co CRAT e Cynthia co Vigo.
A final feminina tamén a arbitra un pontés, Maxi Fraga.
Para a disputa desta xornada tan completa de rugby, o Fendetestas precisou do emprego dos campos de futbol que lle cedeu o C. D. As Pontes, toda vez que as súas instalacións de Monte Medulio resultaban insuficientes.
Nova cortesía de Xosé Cendán

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios