Club de Montaña O Caxado: RUTA DAS ALGAS (LADRIDO- ESTEIRO)

69

O club de montaña O Caxado desprazouse a terras Orteganas para facer a Ruta das Algas, a cal transcorre entre Ladrido e Esteiro.
Uns 45 camiñantes tomaron saída do pantalán de Ladrido ven cedo pola mañán do domingo con dirección a Espasante, atravesando con dificultades as praias desta localidade debido os destrozos do temporal do pasado inverno.
Despois de cruzar a praia de San Antón toca subir o montículo de terra que separa esta última praia coa do Sarrigal de Celtigos, para comenzar a desfrutar dos paraxes idílicos que nos mostra esta costa, continuamos pola senda marcada case todo o tempo pegados os acantilados, desfrutando da fermosura do verde dos campos contrastados co azul turquesa que ofrece a auga do mar.
Para chegar o mirador de Pena Furada donde se fai reagrupamento dos camiñantes mentres se contempla o traballo feito polo mar na rocha que lle da nome a dito lugar, continuamos camiño ata o mirador do Coitelo donde aproveitamos para repoñer folgos e así poder continuar coa ruta sen ningún problema. Despois duns 15 minutos voltamos a camiñar pasando polo famoso banco de Loiba donde aproveitamos para facer a foto de grupo, e continuar pola praia do Picón bordeando a costa ata chegar a praia de Esteiro donde nos esperaba o autobús para facer o retorno a casa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios