O CRAT DA CORUÑA GRAN VENCEDOR DA COPA XUNTA DE GALICIA DE RUGBI CELEBRADA ESTE SÁBADO NAS PONTES

49

O rugby galego celebrou este sábado a súa festa en As pontes ó abeiro da celebración da final absoluta da Copa Xunta.
Ese colofón final, coa disputa do título entre o CRAT de A Coruña e o C. R. Ferrol, e que caeu do lado dos herculinos, enmarcouse nunha xornada que sumou dez horas de deporte oval en todas as categorías.
A mañá comezaba nos campos anexos de O Poboado coa disputa de encontros amigables entres as diferentes escolas de rugby galegas. Con nenos e nenas procedentes de toda Galicia puideron ter a súa primeira experiencia competitiva os máis pequenos da escola do Fendetestas.
O equipo de sub 10, coa maioría d@s integrantes saídos da formación que se leva a cabo como actividade extraescolar no Colexio Santa María, tiveron o seu bautismo no rugby diante do Pontevedra R. C. cunha vitoria. Logo igualarían co C. R. Ferrol para acabar perdendo no último choque co R. C. Vigo.
Os resultados eran o de menos nunha xornada que tiña máis de formativa que de competitiva. De feito @s rugbiers ponteses/as participaron en categorías de sub12 e sub14 sumándose a outros equipos que os acolleron ó non contaren con efectivos suficientes para presentaren equipo propio.
Noutro dos campos anexos fóronse celebrando as finais das categorías de base da Copa, comezando polos sub-14 onde a o CRAT coruñés apenas atopou rival en Vigo, que pagou o xusto que acudiu de efectivos logo de perder por lesión a varios xogadores importantes. ó final o resultado foise a un 80- 7.
En sub-16 repetiron os protagonistas e resultado moi semellante a prol dos coruñeses que meteran un equipo en cada final. Venceron ós olívicos por 52-12.
En sub-18 si caeu o Club de A Coruña diante dun espectacular Pontevedra, que encandilou ós moitos afeccionados cun xogo moi vistoso para levar o título cun 47-12.
A final feminina non puido disputarse logo dunha reclamación na semifinal que enfrontou a Ourense e Vigo,na que a tardía resolución fixo que non houbese tempo para variar a rival do CRAT, polo que dende o comité de Competición se proclamaba campioas a estas.
A final absoluta foi todo un espectáculo que veu confirmar que o C. R. Ferrol está chamado a escribir páxinas importantes neste deporte logo de plantar cara a todo un CRAT da segunda división do rugby español malia ter militado este ano na segunda autonómica.
Os departamentais presentaron batalla ata o final pero atopáronse coa veteranía dun CRAT que foi máis práctico e acadou cinco ensaios mantendo a súa zona de marca inexpugnable. As individualidades foron determinantes e o pontés Chucky e o arxentino Battilana foron decisivos acadando cada un dous ensaios.
De feito, Chucky, saído da canteira do Fendetestas, e que chegou a ser internacional por España, cumpriu o seu obxectivo de retirarse 22 anos despois onde todo comezara.
Curiosamente, pese a ser a Copa Xunta de Galicia, tódolos trofeos foron doados polo Club Fendetestas, entidade deportiva pontesa que organizou esta xornada do rugbi galego celebrada nas instalacións do Campo do Poboado, cedidas polo Club Deportivo As Pontes. Día soleado, aínda que cun pouco de vento.
“rugbi”


rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
rugbi
Nova cortesía de X.C. e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios