Sergio Otero coa selección de Ferrol en Bertamiráns

151

O xogador do As Pontes Sergio Otero Pedre xogou como titular este domingo coa selección ferrolá sub14 na semifinal do Campionato Galego de Seleccións Comarcais onde a selección departamental caeu ante Vigo por 6 a 1. A pesar do avultado do marcador, contan as crónicas que o cadro departamental puxo as ocasións e o cadro olívico os goles, tres deles moi protestados. Marcaron polo bo equipo vigués Javier Ben e Alex Abalde por dúas veces, Ricardo Mangana e Ismael martínez, mentres Javier Sanmartín anotou o tanto da honra ferrolá. Na outra semifinal A Coruña venceu a Ourense por 5-0 e na final os herculinos venceron ós olívicos por 2-1.
sergio_1.jpg


sergio_2.jpg
A outra selección ferrolá clasificada pra a fase final foi a alevín feminina que caeu 4-0 ante Pontevedra. A Coruña foi a gran triunfadora do campionato pois gañou os dous torneos alevins e o infantil masculino, mentres que o outro trofeo foi para Lugo en infantil feminino, Vigo perdeu 3 finais.
Foron convocados os seguintes xogadores:
Racing de Ferrol: Javier Sanmartín, Luis Pereira, Alberto Rodríguez, Cristopher García.
Galicia Caranza: Kevin Bellas, Javier Varela, Manuel Penedo, Carlos Díaz.
Miño: Martín Lago, Diego Salazar
Cedeira: Francisco Pernas, Miguel Ponce
Portuarios: Pablo Couselo
O Val: Adrián Fernández
Numancia de Ares: Antón López
Ortigueira: Andrés Barcón
Cultural Maniños: Andrés Pena
As Pontes: Sergio Otero
Nova cortesía de Xose Ferreiro.
Foto Equipo cortesía Voltaaria

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios