O CLUB DEPORTIVO AS PONTES ORGANIZA PARA XULLO O SEGUNDO CAMPUS DE FÚTBOL

125

Baixo o lema “Aprende xogando”, o Club Deportivo As Pontes organiza no vindeiro mes de xullo un campus de fútbol dirixido a nenos/as nados entre os anos 2000 e 2008.
O campus comezará o 30 de xuño e rematará o 11 de xullo. O horario será dende as dez da mañá ás 14,00 horas nas instalacións deportivas do Campo do Poboado.
Á fronte dos cursos estarán Adrián Boo Rivas, graduado en Ciencias da Actividade Física de Deporte e preparador físico da SD Compostela, e Pablo López Vidal, xogador do Club Deportivo As Pontes de Terceira División, Técnico Deportivo de Fútbol Nivel 2 e monitor de actividades de tempo libre.
Durante o campus están prevista a presenza de xogadores profesionais de primeira e segunda división que compartirán experiencias e falarán cos nenos e nenas participantes no campus.
A inscrición debe realizarse antes do 1 de xuño chamando ós teléfonos 609.055.383 e 658.175.525.
Campus-CD-As-Pontes-2014.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios