DÚAS MEDALLAS PARA BORJA PRIETO NA COPA DE ESPAÑA

122

Esta fin de semana disputouse no embalse de Verducido (Pontevedra) a Copa de España nas distancias de 200 e 500 metros.
Previamente a este competición houbo diversos controis selectivos para saber cales serán as embarcacións que representarán a España no Campionato de Europa en Brandenburgo (Alemaña).
O gran piragüista pontés Borja Prieto Valera presentabase xunto ó Campión Olímpico Carlos Pérez Rial “Perucho” no K2 500 metros, e non puido ser, acabaron segundos, nun duelo que se veu deslucido pola triste morte da nai de Perucho este pasado xoves, e ó final acabou impoñendose o Kaiak Tudense de Rubén Millán e Diego Piña, que serán os que representarán a España.
Xa na competición en si da fin de semana, Borja participou en catro probas.
Comezou o sábado no control de K1 200 onde foi séptimo, logo na súa semifinal foi terceiro, acabando noveno na final A, final con duelo de xoves promesas na que se impuxo Carlos Garrote a Carlos Arévalo.
No control de K1 500 metros foi décimo, logo foi segundo na súa semifinal, por detrás de Albert Martí (Banyoles), e na final A acabou séptimo, final gañada polo campión mundial junior Marcus Cooper, seguido dos dous Tudenses, Millán e Roi Rodríguez, e cuarto o gran Javi Hernanz.
Na xornada do domingo competía Borja precisamente co seu compañeiro do Covadonga Javi Hernanz no K2.
No K2 200 foron decimosextos no control, foron terceiros na súa serie semifinal, e xa na final, no duelo das grandes promesas Toro-Arévalo, impuxose o Fluvial de Lugo (Toro-Martínez), 33:95, por diante do Betanzos (Arévalo-Vilariño), 34:15, quedando o Covadonga de Borja, bronce, 34:65.
No K2 500 foron decimonovenos no control, terceiros na semifinal, e xa na final so puideron ser vencidos por Óscar Carrera e Rubén Millán (Tudense), cun tempo de 1:33:34, seguidos de Borja e Javi, 1:33:76, e o outro Tudense acadou o bronce, Víctor Rodríguez e Diego Piña, 1:34:01.
Na clasificación por clubes gañou o Naútico de Sevilla, 1112 puntos, seguido de Tudense, 872, RCN Palma, 732, Aranjuez 719 e o Covadonga foi quinto con 542. O Grove, Pontecesures, Catoira, Poio, e décimo Delfines de Ceuta.
A vindeira competición estatal será o Campionato de España en Trasona a mediados de Agosto.
borja.jpg


Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios