HISTORICO ASCENSO PADEL EUME

53

No segundo ano de vida do equipo pontés estos autenticos guerreiros das pistas voltaban a facelo , dous ascensos consecutivos que os levan a categoría de prata do padel galego fito realmente incrible para un pobo que leva moi pouco practicando este deporte e que polo visto non o fai nada mal.
Xa traían un resultado moi bo da Coruña , so quedaba rematar na casa , e abofe que o fixeron con un contudente 5/0 que deixaba as claras que xa eran un equipo de 2ª categoría.
A primeira parella pontesa con Xalo Maira e o gran Dani Lopez( que nesta ocasión quitou o chándal) amosaronse serios contundentes e non deixaron entrar os coruñeses en ningún intre no partido , xalo pelexaba todas as bolas e Dani moviase con soltura deixando mostras da sua calidade en cada golpe . Resultado 6/2-6/3 xa so faltaba un partido para ascender.
Os seguintes eran Manuel Ferro e Pachi Dopico que tiñan enfronte a parella mais dura dos rivais , o partido foi igualadísimo duro e por momentos excepcional con puntos sorprendentes que engancharon a afección pontesa que aplaudia a rabexar, durou tanto que xa entraban na pista contigua Fer Caaveiro e Dani Pena , arrasando no primeiro set 6/1 case que se tocaba cas mans o ascenso
Pachi e Ferro seguían o seu gañaban o primeiro set no tie break 7/6 no segundo puxeronse as pilas os rivais e perdían por 3/6 pero no derradeiro e definitivo set notouse a gran forma física dos nosos e gañaban por un contundente 6/2.
Con todo resolto entraron na pista San Franco e o mitico David Lake (leyenda) o cal nos prometerá que gañaria un partido de play off si ou si. Este ultimo ca mirada perdida e cheo de concentración entro una pista coma un “miura” repartia “guadañazos” a diestro e siniestro 3/0 arriba en cinco minutos os asistentes alucinaban pero …. Entraron en barrena non metian unha bola nun campo de futbol e caian estrepitosamente na primeira manga 6/3 . San e Lake lonxe de arredarse conxuraronse dunha forma brutal e endosaronlles un claro 6/2-6/1 nas seguintes mangas deixando claro quen mandaba na pista e poñian outro punto mais na festa pontesa.
Para rematar Angel Cañizares (Cañete) e Marquiños Fdez (Mosto) xogaban o último punto da contenda , entraron na pista coa sua parsimonia habitual, xa se sabe que son diesel os dous , cando se deron conta xa tiñan un set encontra 3/6 pero coma tamén prometerán gañar espabilaron a berza e comezaron a utilizar a cachola , deixaron de intentar romper os cristais de fondo e pasaron a dominar o partido , que se volvia moi físico e con puntos largos donde os nosos non tiñan rivais . Mosto comezou a amosar unha potencia descomunal nos remates, cada golpe miraba o seu poderoso brazo coma se estivese posuido , 6/4 arriba no segundo set, entraban na segunda manga plenos de confianza Mosto seguía a mirar para o seu brazo abraiado , Cañete ata fixo algún globo (fito histórico comentado nos pinchos por suposto) e foi un paseo 6/2 quinto punto , ascenso e xúbilo , Lake duchaba o equipo con champan o resto xa o podedes imaxinar, ano incrible en todos os aspectos, agora so quedan as celebracións ben merecidas . NORABOA A CADA UN DOS INTEGRANTES DO EQUIPO DENDE O PRIMEIRO A O ULTIMO DEIXARONO TODO NAS PISTAS E XA TEMOS A RECOMPENSA. CAMPIÓNS.
padel_1.jpg


padel_2.jpg
padel_3.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios