CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 22/23/24 – Maio – 2014

90

CONSUMOUSE O DESCENSO DO CD AS PONTES XUVENIL
Atlético Fátima – CD As Pontes (1-0)
A mala nova da tempada foi o descenso do conxunto xuvenil. Visto o visto tíñao doado o equipo azul para quedar cuarto pola cola. Nas dúas derradeiras xornadas xogaba contra os dous últimos clasificados, e con haber gañado un so partido podería terse salvado, pero non foi quen de gañar ó Imperátor na casa (1-2), nin ó Atlético Fátima de Santiago (1-0), xa descendido, co cal descenden como penúltimo clasificado.
En teoría sálvase o Imperátor con 32 puntos, tras gañar con agonía na casa ó Victoria B (5-4), ten que esperar a que a federación galega certifique ó Calasancio no Grupo Sur, con 32 tamén, pero peor goal average. Descende o Betanzos que perdeu 3-0 en Conxo, pero baixa por arrastre do Montañeros, a súa vez arrastrado polo Areosa. Catro equipos xogábanse unha praza de descenso en Liga Nacional, e gañaron Caranza, Pabellón B e o Choco que fixo unha espectacular remontada, e o único que pinchou foi o Montañeros, co cal baixa o equipo coruñés á Liga Galega e arrastra ó Betanzos.
Xa descendidos matematicamente o As Pontes con 30 e Fátima con 27, equipo que de durar algo máis a competición quizais se houbese salvado como o Imperátor.
Triste tempada do As Pontes Xuvenil, que ó longo do campionato non deu o que se esperaba del. Foi de mal a peor e así descendeu. O que é a historia, en seis tempadas pasa da División de Honra á Liga Comarcal, a categoría máis baixa, á que volve despois de 25 anos.
benxamin_0001.jpg


COPA FEMININA
SD O Val – CD As Pontes (1-1)
Con bo sabor de boca despediuse da Copa e da tempada o As Pontes feminino cun empate na casa do Val (1-1), un dos dous mellores equipos da categoría. Ambos conxuntos sufriron o feito de ter que coincidir no grupo co campión de liga, o Racing de Ferrol, que foi o que pasou con 10 puntos, por 7 do As Pontes, 6 de O Val, 2 de Santa Mariña e 1 do Cariño.
Do grupo segundo pasou o San Sadurniño como líder e o Cultural Maniños como mellor segundo, ambos con 10 puntos, e no grupo terceiro clasificouse o Mandiá, que gañou todos os partidos e polo tanto acadou doce puntos.
No derradeiro encontro da tempada marcou Andrea Montero para as azuis e empatou Carlota Rodríguez. Xogaron polo As Pontes, Leti, Andrea Pita, Andrea Montero, Paula, Lía, Patri, Carlota, Silvia, Nuria Noelia Ameneiro, Yara, Xeila, Noelia Santalla e Uxía.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SD O Val B (3-1)
SD O Val – CD As Pontes B (3-2)
O Benxamín A gañou 3-1 ó Val B, mentres que o Benxamín B perdeu 3-2 co Val A, co cal, pase o que pase na derradeira xornada, quedan sétimo con 39 puntos e décimo con 18, antes de rematar esta longa liga benxamín visitando o A ó Portuarios (5º) e recibindo o B ó Portuarios B, colista do grupo.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
TORNEO AFACO INFANTIL
Narón BP – CD As Pontes (0-3)
C. Maniños – CD As Pontes (1-4)
No torneo Afaco (Asociación de Fútbol Afeccionado da Comarca) infantil o As Pontes venceu no campo do Cultural Maniños ó Narón (3-0) e ó equipo local (4-1) clasificándose para a segunda fase.
A seguinte eliminatoria, en principio para o sábado 31, xogarase nas Pontes con Numancia de Ares, O Val e o CD As Pontes, que ese mesmo día enfróntase ó Once Caballeros, de Cambre, na fase de ascenso á Liga Galega, polo que haberá que cambiar de data un dos dous enfrontamentos.
Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios