Nota de prensa do BNG: O BNG DENUNCIA A TALA INDISCRIMINADA NO PASEO DO ENCORO DA RIBEIRA

28

O Grupo Municipal ven de solicitar unha reunión urxente da Comisión de Medio Ambiente.
As Pontes, 05 de xuño de 2014.- O BNG ven de facer súas as denuncias de veciños e veciñas que contemplaban indignados como as zonas de descanso no paseo do Eume cara ao encoro da Ribeira, moi utilizadas, sobre de todo, pola xente de maior idade, quedaban sen sombra algunha.
As actuacións, que poderían formar parte dunha denominada xestión de biomasa nas liñas eléctricas, eliminaron un bó número de árbores, algúns deles do propio paseo, e afectaron ao mobiliario municipal.
O BNG ten solicitado unha convocatoria urxente da Comisión de Medio Ambiente do Concello para tratar o asunto, consultar a información dispoñíbel, comprobar as autorizacións, permisos e/ou licenzas, coñecer as xestións realizadas polo goberno municipal, e, de ser o caso, depurar responsabilidades.
“ribeira”


ribeira
ribeira
ribeira
ribeira
ribeira
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios