Nota de prensa do BNG: O BNG CRITICA O PRAZO DE SOLICITUDES NA CONVOCATORIA DE DÚAS PRAZAS E RECLAMA A SÚA AMPLIACIÓN

71

O PSOE fixa cinco días que na práctica redúcense a tres e á mañá do sábado (3 horas).
As Pontes, 06 de xuño de 2014.- En setembro do ano pasado o BNG presentaba, entre outras, a proposta de convocar listas de agarda para todos os servizos municipais, moción que, como todas as que tentaban promover o emprego, foron rexeitadas polo PSOE.
Aínda así, fai un mes que o mesmo PSOE convocaba listas de agarda para peóns e limpeza, cunhas 300 solicitudes, convocatorias que ven de resolver onte, día 5 de xuño.
Nunha outra mostra de desorganización e descontrol, o PSOE fai público (www.aspontes.com/gal/concello/oferta-de-emprego-publico/get/seleccion-de-persoal/111) un proceso para contratación temporal de dúas prazas, palista e condutor de camión, que, segundo as bases, veñen derivadas “… pola baixa prolongada de dous oficiais primeira por enfermidade …”.
O BNG denuncia o procedemento, xa que tense evidenciado como non axeitado noutras ocasións, nas que teñen coincidido o remate da selección coa alta do traballador a substituír, anulando todo o proceso, o que non tería sucedido de terse convocado as listas de agarda.
Mais tamén denuncia o BNG que o mecanismo estabelecido polo PSOE utilízase como escusa para minorar o prazo temporal para as solicitudes -dende o venres 6 até o martes 10 de xuño, cun fin de semana polo medio-, o que dificulta a súa publicidade, a entrega da documentación, e, polo tanto, a igualdade de oportunidades, o que pode dar lugar entre os demandantes a sospeitar dun “amaño”.
O Grupo Muncipal do BNG ven de solicitar unha ampliación do meritado prazo.


Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios