ACTUACIÓN DO PONTÉS MIGUEL ALVARIÑO NA COPA DO MUNDO DE ANTALYA

27

O arqueiro pontés Miguel Alvariño desprazouse esta semana á localidade turca de Antalya para a disputa da terceira proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco.
Nas roldas eliminatorias non tivo fortuna o conxunto español pois o mellor calsificado foi Miguel, que acabou no posto 50, con 653 puntos. Juan Ignacio Rodríguez foi 63º con 649 puntos e o debutante Miguel Ángel Pifarre 96º con 628 puntos.
Quedaba así España fora da competición por equipos lonxe dos 16 primeiros clasificados, acabando no posto 23º de 32 países con 1930 puntos.
Na competición feminina a cadete Alicia Marín foi 32º, Mirene Etxebarria 63º e Bea Gómez 77º, co cal tampouco se puideron clasificar Miguel e Alicia para a competición por equipos mixtos dos 16 mellores, quedando 19º de 34 países, con 1291 puntos.
Nas roldas individuais Alicia Marín perdeu con Esther Deben de Holanda, Mirene Etxeberria ante Shu Chi Yuan de Taipei, e Bea Gómez ante a polaca Karina Lipiarska, as tres por 6 a 0.
Nas roldas eliminatorias masculinas, deuse o duelo fraticida entre Miguel e J.I. Rodríguez vencendo Maikel por 6-4, caendo na segunda rolda ante o francés Jean Charles Valladont por un apretado 6-5, con 9-8 para o galo na frecha de ouro. Miguel Ángel Pifarre perdeu 7-1 co representante de Taipei Cheng Wei Kuo.
miguel.jpg


Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios