FINAIS DA COPA AFACO INFANTIL E CADETE EN MOECHE

41

Mañá de sábado con sabor amargo nas finais da Copa Afaco desputadas polo CD As Pontes no Campo Municipal de Moeche.
Comezaba a competición coa final cadete entre o As Pontes e o Meirás, un deses encontros que quitan as gañas de seguir vendo os partidos de fútbol.
Dominou o As Pontes durante toda a primeira metade, moi ben Sergio, Ayrton e Josiño na medular, con bos pases en profundidade, imposible contabilizar a cantidade de ocasións das que dispuxeron os xogadores dirixidos por Marcous Bouza, as máis claras unha na que Ayrton quedou so ante o porteiro e tiroulle o balón ás mans, ou outra a porta baleira que mandou Iago Vázquez a ras do poste.
Por riba no comezo do segundo tempo nun remate moi ben colocado nun zapatazo de Alex Blanco dende fóra da área que pillou a contrapé ó porteiro, o balón foi ó longueiro.
Mediado o segundo tempo por fin marcou o As Pontes, tras ser Jandro o que acertou a marcar ó porteiro visitante de forte disparo.
Pero ahí empezou o calvario para o As Pontes, apenas despois de poñerse por diante no marcador, Ayrton foi expulsado tras protestar máis da conta unha xogada insignificante deixando en inferioridade ós seus compañeiros. Tampouco se pode falar moi positivamente da labor do colexiado, moi polémico cos equipos ponteses, que xa tivera un problema no seu día co bo de Salido, colexiado que non os soubo tranquilizar ós cativos o suficiente nestas idades, e xa no desconto expulsou a Alex Blanco, e tras rematar a tanda de penaltis a Alberto.
Foi a raíz da expulsión que o As Pontes se viu abaixo e pronto empatou o Meirás tras un córner que non era córner, e tiveron algunha que outra ocasión pra sentenciar a un fatigado equipo pontés antes dos penaltis.
Pero cousas da vida, foi o As Pontes, por medio de Dani, o que estivo a piques de levarse o trofeo nun contragolpe que estivo a punto de acabar en gol no último minuto.
Xa nos penaltis levou o trofeo o Meirás que marcou catro, por unha parada de Alberto, por tres do As Pontes de Andrés, Martín, Sergio e os erros de Iago Vázquez e Antón.
Xogaron polo As Pontes, Alberto, Antón, Andrés, Martín, Alex Blanco, Ayrton, Jandro (Raquel 61´), Sergio, Josiño (Adrián 70´), Iago e Dani.
inicio


Resarciuse un pouco a canteira pontesa coa vitoria do equipo infantil, que non foi para nada doada.
Persoulle que ó pouco de comezar, ós cinco minutos, marcou Carlos tras un potente remate pegado ó poste.
Vironse confiados e antes do descanso os de Cedeira tiveron varias ocasións desbaratadas por Malena, ata que tanto foi o cántaro á fonte que chegou o merecido gol do empate.
No segundo tempo o cadro de Iván Rodríguez foi a pola vitoria mentres o Cedeira agardaba ben replegado atrás nunha curiosa estampa de xogadores moi altos e fisicos atrás e pequeniños e habilidosos de medio para arriba.
Mediado o segundo tempo foi Dani Da Silva o que puido poñer o segundo, pero cando xa se comezaba a vislumbrar a posibilidade de acudir ós penaltis, foi un gran Alberte o que marcou de cabeza tras saque de córner de Bruno o 2-1 a dez minutos do final nun marcador que xa non se moveu.
Brillante fin de tempada para un equipo azul que quedou segundo na Liga a un so punto do ascendido Portuarios, que clasificou para xogar a Fase de Ascenso, e que con esta Copa obtén un merecido premio.
Sumando os títulos da Liga e Copa da Ría de Ferrol ademáis da recentemente creada Copa Afaco, os infantís consiguen o 60º título das categorías inferiores do CD As Pontes.
Xogaron Malena, Cazás, Alex (David 48´), Fraga, Bruno, Pani (Eloy 64´), Carlos, Chema (Germán 58´), Diego (Mateo 48´), Alberte e Dani.
COPA AFACO CADETE 2014
Primeira Fase
Grupo A
Cedeira
2º Cebarca
3º San Sadurniño
Grupo B
Perlío
2º Cultural Maniños
3º Narón BP
4º O Val
Grupo C
Meirás
2º Galicia de Mugardos
3º Miño
Grupo D
As Pontes
2º Rápido de Neda
3º Numancia de Ares
Semifinais
Cedeira 1 – Meirás 2
Perlío 3 – As Pontes 3 *
Final
Meirás 1* – As Pontes 1
COPA AFACO INFANTIL 2014
Primeira Fase
Grupo A
Cedeira
2º San Sadurniño
3º Cariño
Grupo B
Numancia de Ares
2º Rápido de Neda
3º Perlío
Grupo C
O Val
2º Meirás
3º Narón BP “A”
Grupo D
Galicia de Mugardos
Eume Deportivo
3º Miño
Grupo E
As Pontes
2º Cultural Maniños
3º Narón BP “B”
Segunda Fase
Grupo F
Cedeira
2º Galicia de Mugardos
3º Eume Deportivo
Grupo G
As Pontes
2º O Val
3º Numancia de Ares
Final
Cedeira 1 – As Pontes 2
“aspontes-meiras”
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
aspontes-meiras
“aspontes-cedeira”
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
aspontes-cedeira
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios