XXII Memorial Carlos Fornos – VI Trofeo José Ramón Corral de piragüismo

131

O vindeiro día 28 de xuño celebrarase no Lago das Pontes o XXII Memorial Carlos FornosVI Trofeo José Ramón Corral de piragüismo.
Este ano a regata, organizada polo Grupo Xuvenil e o Concello das Pontes, formará parte da Liga Galega de Rios e Travesías, co cal está asegurada a participación de tódolos clubs galegos que aspiran a esa liga, entre os que están os mellores equipos de España. Espérase unha participación de uns 400 deportistas de toda Galicia.
Nesta edición a competición será na modalidade de K4 e C4, embarcacións para catro tripulantes, as máis rápidas e expectaculares do piragüismo.
As regatas comezarán ás 10 da maña coas categorías cadetes, seguidas doutra tanda de junior ás 10:45, seguidas dos senior e os veteranos ás 12:00.
MEMORIAL.jpg


Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios