Iván Rodríguez será o novo adestrador do Clube Deportivo As Pontes

103

Tras levarse o xoves o Racing de Ferrol a Manolo García, o presidente do clube, Xaime Castro, decidiu darlle a oportunidade a un técnico da casa, o preparador do segundo equipo, Iván Rodríguez.
Iván Rodríguez García naceu en Ponferrada en 1975, anque vive dende ben pequeno en As Pontes, e na súa xuventude, ademais dun bo futbolista, foi un prometedor piraguista que chegou a estar no Centro de Tecnificación de Pontevedra.
Leva uns anos nos equipos de base do Clube Deportivo As Pontes, e destaca por sacar o máximo rendemento ós seus futbolistas. Co segundo equipo pontés foi subcampión de Copa de Afeccionados en 2012 tras caer ante o Eume 3-2 na final, e o ano pasado xogou a Fase de Ascenso a Primeira Rexional. Co equipo cadete chegou a ser subcampión de Liga e Copa en 2011, e tamén xogou a Fase de Ascenso. Co Infantil obtivo os seus mellores logros, subcampión de Liga, unha Copa da Ría e dúas Copas Afaco, a última a derradeira fin de semana ó vencer 2-1 ó Cedeira. Tamén xogou cos infantís as últimas dúas fases de ascenso á Liga Galega.
Antes de chegar ó As Pontes dirixiu ó Momán e ó Cabreiros.
ivan.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios