Travesía Naviega, Club de Montaña O Caxado

74

Este domingo o club de Montaña O Caxado realizou outra ruta do seu calendario, esta vez tocou camiñar a terras Asturianas, ruta organizada polo Club de Navia (Pena Furada) en conxunto coa Federación Española de montaña i escalada. O club O Caxado logrou reunir entre socios e non socios uns 82 camiñantes, os cales partiron de diante do pavillón municipal ás 8:30 da mañá rumbo ao lugar do Bao onde partía dita ruta duns 19km.
Ésta iniciouse ás 10:00 da mañá no lugar do Bao polo camiño que nos leva á ribeira do río Barayo ata chegar a súa desembocadura, onde se encontra a praia con nome do mesmo río. O traxecto seguiu por toda a costa para chegar a un pobo exemplar como é o de Puerto de Vega.
Despois de observar esta paisaxe detenidamente continuamos a andaina rumbo ao oeste para pasar pola praia da Losera, dende onde observamos a Illa da Soirana ata chegar á praia de Frexulfe onde a organización nos homenaxeou cunha merenda a base de bolo preñado e productos típicos de terras Asturianas.O percorrido continuou por un sinfin de praias, O Fabal, Coedo, La bragada, O Moro, ata chegar finalmente ata o centro de Navia, onde remata a nosa aventura de Navia.
Costa_Naviega_001.jpg


Costa_Naviega_002.jpg
Nova cortesía do Club de Montaña O Caxado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios