O Grupo Xuvenil As Pontes gaña a Liga da 2º división Nacional de Kayak-polo

61

Este fin de semana o equipo do Grupo Xuvenil Piragüismo das Pontes proclamouse campión da 2º división da Liga Nacional de Kayak-polo.
Tras gañar 2 dos catro torneos da liga e rematar segundos nos outros dous, os ponteses xa eran matemáticamente primeiros o sábado ao calsificarse para a final do 4º torneo en Burriana, que volveron a xogar contra o Oxio-Usera, que acabou segundo do torneo e da Liga con dúas victorias un segundo e un terceiro posto.
Agora queda rematar a liga galega e plantexarse se xogar a próxima tempada na 1ª división nacional.
Por outra banda, no descenso do Miño en Ourense que tamén se celebrou esta fin de semana Antonio Polo e Serafín Fontao alzáronse coa victoria en k2 veterano, seguidos dos tamén ponteses Ernesto Gancedo e José Antonio Menéndez. Participaron tamén do Grupo Xuvenil Carlos Durán que rematou 19º en k1 cadete, e Pablo Moreno, 39º k1 senior.
xuvenil_0001.jpg


xuvenil_0002.jpg
xuvenil_0003.jpg
xuvenil_0004.jpg
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios