HOMENAXE A MONCHO VALCARCE, O CURA DAS ENCROBAS

90

Moncho-Valcarce.jpgEste domingo 29, Moncho Valcarce, coñecido como o cura das Encrobas, recibirá unha homenaxe dos seus amigos polo seu comprometido labor co seu pobo.
O acto organizado polo Grupo Niño do Azor, do que Moncho Valcarce fora un dos fundadores, terá lugar ás doce (12,00) do mediodía deste domingo diante do instituto pontés que leva o seu nome e consistirá na colocación dun busto e unha placa.
No acto intervirán Muñiz de las Cuevas, da Irmandade Moncho Valcarce, Alfonso Blanco, crego de Guitiriz e Mero, do grupo A Quenlla. Tamén haberá un recital de poesía a cargo de Pilar Pallarés e a pontesa, Medos Romero. A Quenlla e Os Feroces da Galgueira poñerán a música neste acto en lembranza do querido Moncho.
O monumento na súa memoria é por aportación popular, polo que aquelas persoas que desexen aportar algunha cantidade poden facelo na conta de NCG Banco 2080 5200 36 3000022968.


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios