I FESTA DA HISTORIA DE AS PONTES

140

Milleiros de ponteses e forasteiros vidos de diversos lugares de Galicia ateigaron as rúas Real, Igrexa e San Xoán do casco antigo da vila de As Pontes para presenciar a primeira edición da Festa da Historia destas terras do Alto Eume, dende os primitivos castrexos, pasando pola época dos bárbaros, as invasións dos romanos ata a época do medievo coa chegada do conde García Rodríguez de Valcárcel, nobre que recibiu estas terras alá polo ano 1376 por haber axudado ó rei Enrique II, o das Mercedes, na súa loita contra seu irmán Pedro I “O Cruel”.
O evento histórico pontés estivo organizado polo Grupo Taranis, en colaboración coa asociación Lembranza da Vila e a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontés, baixo o patrocinio do Concello das Pontes.
Para non variar, a celebración da historia pontesa comezou con forte chuvia na tarde-noite do venres, na que o historiador local, César Candelas, leu o pregón de saída de tres días nos que se pretenderon dar a coñecer ós visitantes a rica historia destas terras do Val do Eume. Logo de facer a súa presentación, César fixo un repaso á historia DE As Pontes dende os castrexos ata época da fundación da vila no século XIII.
Pero se a festa histórica de As Pontes comezaba con chuvia, parece ser que a deusa Eume dixo “como vou deixar ós ponteses sen a súa festa da historia co entusiasmo que puxeron nela ?”. E a súa providencial intervención fixo que as xornadas do sábado e domingo foran tornando a unha boa climatoloxía con sol que animaba ós visitantes achegarse ó casco antigo pontés.
O espectáculo máis vistoso e que gustou ó público foron os desfiles marciais das lexións romanas da Garda Pretoriana de Lugo “Cohors Lucensivm” e as tropas da “Legio VI”, que fixo unha recreación dun campamento da época.
Logo do desfile da Garda Pretoriana houbo un combate de loita grecorromana entre un xefe castrexo e o soldado máis forte da garda. Como era habitual, a loita era á morte e sempre tiña as de perder o castrexo, xa que se vencía ó romano logo era executado polas tropas por dar morte na loita ó soldado.
“cita-historia”


Sinalar que a Garda Pretoriana era un corpo que servía de escolta e protección dos emperadores romanos. Hai constancia de que a primeira foi creada polo emperador Publio Cornelio Escipión no ano 146 antes de Cristo cando marchaba cara Numancia co seu gran exército e unha cohorte de 500 homes que formaban a súa escolta persoal.
A Legio VI foi unha lexión romana fundada por César Augusto no ano 41 antes de Cristo e no 29 a.de C. foi trasladada á Hispania Tarraconensis onde estivo case un século asentada na actual León e de seguro que fixo incursións polas terras de Lucus Augusti, a actual Lugo, fundada polo maxistrado romano Paulo Fabio Máximo no ano 25 antes de Cristo.
O grupo de teatro pontés “Que máis ten teatro” esceneficou na praza do antigo cemiterio (feito no 1857 e pechado en 1926) a obra “Os duendes do Eume” e a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes fixo itinerarios ambulantes sobre “Onde vai o castelo?”, en clara referencia ó castelo do conde García, desaparecido hai séculos e que ó parecer estivo no lugar da Perfolla preto do mesmo río Eume. Hoxe en día aínda se poden ver pedras do castelo nalgunhas casas da Vila.
Obradoiros de tecido na Idade do Ferro, xogos bárbaros, campamentos xermánicos, obradoiros de cesteiría e de coiro (Asociación Lugdunum), exhibicións de cetraría, teatro guiñol “O Arrieiriño do Eume” e oficios tradicionais foron outros dos espectáculos desta primeira Festa da Historia pontesa.
Tampouco faltou a música tradicional con pasarrúas a cargo dos Feroces da Galgueira, Son de Lugh, Alfaia, No Cómbaro, Canavella e O Garabato dos Trasnos, así como un concerto de Muxarega na noite do sábado.
Ó final de tres días, satisfacción dos organizadores pola gran afluencia de público que ateigou as rúas da Vila ó longo da fin de semana e xa comezaron a falar de como pode ser a do vindeiro ano, que, a dicir verdade, ten o listón moi alto, dado o éxito do acontecido nesta primeira edición, tanto en organización como en afluencia de público e de postos de venda, máis de setenta, de toda clase de produtos. Por ilusión e entusiasmo que non quede.
As Pontes, 29 de xuño de 2013 (AF)
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
cita-historia
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios