I Cita coa Historia das Pontes

94

A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes, vén de colaborar coa Asociación Lembranza da Vila, o Grupo Taranis e o Concello das Pontes, na organización da I Cita coa Historia das Pontes, que tivo lugar no casco vello da vila os pasados 27, 28 e 29 de xuño.
Entre as actividades realizadas a que máis interese tivo entre o público asistente foi o ARQUEOXOGO dirixido aos máis pequenos (6-12 anos), co título “As Pontes: un pobo con historia”. Nel os rapaces descubriron acompañados por dous arqueólogos as diferentes etapas históricas da vila a través dunha escavación arqueolóxica.
“plataforma”


Durante o ARQUEOXOGO os nenos foron asociando os diferentes obxectos que ían atopando ás diferentes etapas históricas da vila de As Pontes:
– Os primeiros poboadores (Megalitismo)
– Os castrexos (A cultura galaica)
– A romanización (A cultura galaico-romana)
– O medievo
– A idade moderna
– A idade contemporánea
O ARQUEOXOGO tivo unha duración de 60 minutos e realizáronse dous pases, un o sábado e outro o domingo. Nel participaron uns 25 nenos de tódalas idades.
Outra das actividades realizadas pola Plataforma, tamén dirixida ao público infantil foi o teatro guiñol, coa peza “O arrieiriño do Eume”. Unha aventura na que o arrieiro Fuco fai o Camiño dos Arrieiros, cunha importante misión: entregarlle un cargamento segredo ás nenas e nenos das Pontes. No traxecto vaise atopando con seres máxicos e lendarios, que viven nos dolmes e nos ríos, e que o desafiarán astutamente.
Na actividade colaborou o CPI Monte Caxado das Pontes, que amablemente nos cedeu o teatro guiñol para o evento, e o mestre do centro educativo, José María López Ferro, que deseñou os escearios nos que ten lugar a aventura. Realizáronse dous pases nas tardes do sábado e o domingo.
E sen dúbida a actividade que máis sorpresa despertou entre o público de tódalas idades foi o itinerario ambulante co título “Onde vai o castelo?” no que os participantes tiveron ocasión de coñecer algún dos elementos patrimoniais máis senlleiros da vila a través dunha escenificación en clave de humor, da man de dous personaxes históricos: o Conde García Rodríguez e o seu delegado Xan do Moco.
A historia acontece no presente, cando o Conde García Rodríguez de Valcarcel, o seu delegado Xan do Moco son enviados ao presente por un meigallo e no seu itinerario na busca do castelo atópanse unha vila medieval totalmente cambiada. Durante o percorrido van comprobando os cambios producidos nos elementos históricos máis significativos a través dunha interacción co público en clave de humor.
En xeral a valoración que facemos dende a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes é positiva e cremos que nesta primeira edición cumpríronse os obxectivos pra os que fora concebida. En primeiro termo, darlle unha significación á vila a través da súa historia, e facela visible entre o público asistente, facer desta cita unha ocasión para coñecer un pouco máis como viviron os nosos devanceiros ao longo do tempo, nas distintas etapas históricas que se deron neste territorio do Alto Eume. Dende logo isto non sería posible sen o tesón, o traballo e a constancia da Asociación Lembranza da Vila, que souberon sacar adiante a Cita dándolle un empuxe á tradicional Feira Medieval, convertíndoa nun expoñente da nosa historia local. En canto á caracterización, vestimenta, escenificación e recreación histórica, os compañeiros do Grupo Taranis, souberon introducir moi ben os elementos que lle faltaban ás anteriores edicións das Feiras Medievais, facendo da Cita un evento único e con poucos expoñentes similares no territorio galego. O noso agradecemento vai tamén para os amigos de Lugo, en concreto as asociacións Lugdunum e Praetora, que tanto o sábado coma o domingo, convertiron as rúas do casco vello nunha auténtica viaxe no tempo. E xa para rematar, facer unha especial mención ao prezado amigo Vicente Roca, que actuou de coordinador, traballando arreo para facer que a engranaxe da maquinaria estivese a punto e en pleno funcionamento. A tódos eles o noso máximo agradecemento e a petición de que entre todos busquemos a implicación doutras asociacións e colectivos locais, para facer desta Cita coa Historia un evento que mellore co tempo e no que se implique moito máis á poboación local, e que nos faga sentirnos fachendosos do que fomos, do que somos e do que seremos.
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
plataforma
Fotografías cortesía de Jonas Alvarez Rama, Antón Ferreiro, José María López Ferro e Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios