O colexio Monte Caxado acolle nas Pontes o programa de ocio infantil Mundoxogo

123

[Diario de Ferrol] Onte comezou nas Pontes unha nova edición do programa de ocio infantil Mundoxogo que organiza a Concellería de Xuventude e que manterá as actividades ata o vindeiro día 24 de xullo. A grande novidade desta edición consiste no traslado do seu escenario do Mercado Vello ao CPI Monte Caxado. No polideportivo e pistas colindantes xa se están a desenvolver xogos de foamball, scalextric, circuítos de bicicletas, obradoiros de cociña, manualidades, pintura ou mesas temáticas de Playmóbil, con princesas, vaqueiros, piratas, barcos teledirixidos e indios.


Un ano máis a responsable directa de dirixir as actividades cos seus monitores é a empresa local de ocio infantil Picariños. Ademais de guiar aos pequenos nas diferentes probas, encargaranse de anotar os mellores rexistros e puntuacións en cada unha das competicións e así, ao remate de Mundoxogo, premiarase aos mellores participantes en cada unha das disciplinas.
As actividades manteranse abertas, con participación libre por parte dos mozos e mozas das Pontes, ata o citado día 24 cun horario de mañá e tarde de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas
Mostra de música coral
O próximo domingo 13 o auditorio municipal Alovi das Pontes acollerá a partir das oito do serán a XXVIII Mostra de música coral da vila. Actuarán a coral polifónica Aires de Carral, a coral de Santa María de Cambre, a Polifónica Entenza de Salceda de Caselas, para rematar coa coral local Endesa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios