PABLO LÓPEZ NOVO DIRECTOR DEPORTIVO DO CD AS PONTES

75

A piques de cumprir os 37 anos, Pablo López deixa o fútbol activo, aínda que seguirá vencellado a el como novo director deportivo do Club Deportivo As Pontes trala marcha, por asuntos persoais, de José Manuel Carballo, que veu ocupando este cargo nos últimos anos.
Pablo López decidiu continuar no As Pontes á fronte dos servizos técnicos do Club e despois de dúas tempadas no primeiro equipo na Terceira División e tras unha longa e dilatada traxectoria futbolística, na que se iniciou nos equipos base do Deportivo da Coruña, para logo pasar ó Pontevedra, Celta B, Ourense, Real Oviedo, Cultural Leonesa, Cidade de Santiago e Montañeros, equipo do que pasou ó As Pontes na tempada 2012/13.
A pasada campaña compaxinaba o seu labor como defensa central do primeiro equipo e adestrador do conxunto prebenxamín A, ademais da organización, xunto a Adrián Boo, do Campus do Club Deportivo As Pontes, sendo o primeiro en xullo de 2013 e o segundo estase a desenrolar nos campos do Poboado nesta primeira quincena de xullo con preto de cen nenos e nenas.
Pablo-Lopez.jpg


Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios