Grande exito dos arqueiros do Silex no Galego de Tiro con Arco de Valdoviño

124

O derradeiro domigo día 6 de xulio celebrouse en Valdoviño o XXXIX Campionato Galego de Tiro con Arco, estando convocadas as categorías Xuvenil, Senior e Veterán das división de Arco Composto e Arco Recurvo.
O Club Silex presentou arqueiros nas categorías de Arco composto Senior Home con Xaquin Mira Garcia, en Recurvo Senior Home a Miguel Alvariño, en Recurvo Senior Muller a Cristina Castro ( ainda cadete de primer ano) e en Recurvo Xuvenil Home a Daniel Castro e Borja Barro
O día presentabase con boas condicións para a proba. Tan so unha incidencia de tipo tecnico cos parapetos utilizados, razón pola cal os arqueiros da División de Arco Composto, Alberto Blazquez, Xaquin Mira e Oscar Berrocal declinaron participar no Campionato.
Despois desta incidencia iniciabase o campionato co desarrollo da fase clasificatoria. Os nosos arqueiros cumpriron e incluso superaron os pronosticos, Asi na categoria Recurvo Senior Home, Miguel Alvariño situouse en primeiro lugar, seguido a distancia de Roi Fernandez. En Recurvo Senior Muller, Cristina situbase na segunda posición pese a non realizar un bon round seguida de cerca pola arqueira del Iadovi, Ana Briones. Na categoria Recurvo Xuvenil Home cumplianse os pronosticos e Daniel situabase en primeiro lugar seguido de Gabriel Galante do Iadovi da Mariña Lucense; Borja con unha actuación discreta colocabase en cuarto lugar.
Nas series finais Miguel faise co Campionato Galego derrotando na final a Vicente Veira de Arqueiros de Cambre por un contundente 7 a 3, tras superar anteriormente a Antonio Otero do Lumelar de Ourense e Francisco Area do Narón
Por su parte Cristina Castro tras vencer a Selene Blanco de Arqueiros de Cambre e despois a Ana Briones do Iadovi, derrota na final cunha gran actuación a Iria Grandal, arqueira de Arco Naron e actualmente na residencia de Alto Nivel Joaquin Blume de Madrid, por 6 a 4, proclamandose Campiona Galega Senior Muller de Arco recurvo. Recordar que Cristina e todavia cadete, o que da maior valor a sua victoria.
Na categoria Recurvo Xuvenil Home non variarian as posicións do round, e así Daniel Castro proclamariase Campión galego e Borja Barro remataria a competición na cuarta posición.
Un balanzo mais que positivo para os arqueiros do Club Silex neste Campionato Galego que non fai mais que confirmar a boa forma pola cal estan atravesando. ¡Noraboa a todos!!
GALLEGO_2014.gif


Nova cortesía Club Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios