Exposición MYANMAR: ROSTROS E PAISAXES, Fotografías de Javier Álvarez

171

Mercado Vello do sábado 12 ao mércores 23 de xullo
Cando viaxamos facémolo para coñecer novos lugares pero tamén para compartir con familiares e amigos esa experiencia; as imaxes e as nosas vivencias fan posible achegar a outros ese destino de vacacións.
Javier Alvarez é o que poderiamos chamar “xente viaxeira “ con moitos e interesantes destinos na súa mochila. En agosto de 2012 realizou unha viaxe a Myanmar (antigua Birmania), un rincón de Asia cheo de lugares increíbles que comparte con nós a través dunha exposición fotográfica que nos invita a presenciar a grandeza deste país.
Neste caderno de bitácora cheo de imaxes Javier capta a paisaxe, os rostros, os atardeceres, as formas e as cores, fotografías e vídeos que farán que todos sexamos viaxeiros.
myanmar.jpg


A exposición poderá visitarse na sala do Mercado Vello do 12 ao 23 de xullo.
O sábado 12 abrese a Exposición MYANMAR: ROSTROS E PAISAXES.
Fotografías de Javier Álvarez, recollidas nunha viaxe en 2012 a Myanmar (antiga Birmania).
Do 12 ao 23 de xullo na sala de exposicións do Mercado Vello.
Horario: luns a venres de 19:00 a 20:30 h · sábados de 12:00 a 13:30
Festas do Carme (sabado 19, domingo 20 e luns 21) de 12:30 a 14:00 h e de 19:00 a 20:30 h.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios