ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NOS CAMPIONATOS DE EUROPA DE PIRAGUISMO

108

O palista pontés Borja Prieto e o Campión Olímpico Perucho desprazaronse á localidade xermana de Brandenburgo para a desputa do Campionato de Europa.
Competían Borja e Perucho ó mediodía na primeira semifinal do K2 500 na que clasificaban os tres primeiros, sendo claramente 1º Alemania, 2º Ucrania e 3º Portugal. Acababan cuartos, e por detrás, sorprendentemente quintos os campións olímpicos e sete veces campións do mundo os bielorrusos Makhneu e Piatrushenka. A continuación, 6º Holanda, 7º Moldavia, 8º Finlandia e 9º Turquía.
Da segunda semifinal clasificaron 1º Francia, 2º Serbia, 3º Hungría, quedando fora 4º Rumania, 5º Eslovaquia, 6º Rusia, 7º Irlanda, 8º Italia e 9º a Dinamarca de Boe e Madsen.
Xa na repesca que se desputou pola tarde non perdoaron os bielorrusos e colleron praza na Final xunto cos rumanos, segundos, e os eslovacos, terceiros. Quedaron fora por este orde, 4º Rusia, 5º Italia, 6º Irlanda, 7º España, 8º Moldavia e 9º Holanda.
A vindeira competición serán os Campionatos de España en Trasona do 15 ó 17 de Agosto, e entremedias disputarase en Rusia o Mundial do 7 ó 10 no que participarán Diego Piña e Rubén Millán como representantes españois no K2 500.
borja.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios