FESTAS DO CARME 2014

458

Este luns remataron as festas do Carme na súa primeira parte, que comezaron co pregón a cargo de varios comerciantes ponteses e ás que acudiron milleiros de ponteses e forasteiros.
Houbo actividades para tódolos gustos, exposicións de fotografías, actividades para os máis pequenos, mostra de música coral, concertos de grupos locais, da banda de música pontesa, o festival folclórico internacional con grupos de Euskadi, Eslovaquia, Costa Rica, Chile e Galicia, actividades deportivas como a marcha ciclista popular con preto de 200 participantes. O prato forte foron as verbenas co mellor do mundo orquestral galego, con Ache, Gran Parada, Filadelfia, Jerusalén, Sintonía de Vigo, Los Satélites, París de Noia e Panorama.
Non podían faltar as funcións relixiosas e as tradicionais procesións, a da noite do sábado e a de subida do domingo, ás que a auga respectou, como comentou un amigo “choverá antes ou despois, pero durante as procesións non”. E non estivo errado o veciño, xa que despois de rematar a do sábado, choveu o que quixo durante toda a noite. Nesta procesión nocturna a imaxe da Virxe do Carme foi escoltada, como en anos anteriores, por unha Escuadra de Gastadores do Tercio Norte de Infantería de Mariña, con base en Ferrol, que gustou moito ó numeroso público asistente pola marcialidade dos compoñentes da escuadra, entre os que ía unha moza leonesa.
O broche de ouro das festas do verán pontesas será a vindeira fin de semana coa celebración da Romaría da Fraga, festa con máis de cen anos de historia e declarada de interese turístico. Na noite do 24 será o festival folk da Fraga cos grupos Balakandra, os escoceses de Skerryvore, Muxarega e o acordeonista pontés Andrés Penabad.
“festas_2014”


A ORIXE DA FESTIVIDADE DO CARME
A mediados do século XIX a festa patronal celebrábase o 15 de agosto, na honra da Asunción da Nosa Señora, que pouco a pouco foi decaendo ó fundarse a Confraría do Carme.
A imaxe da Virxe do Carme, que figura nun lugar privilexiado da capela, foi doada no ano 1872 e hai uns vinte anos restaurada polo escultor de Compostela, Miguel Rivas Varela. Esta iniciativa partiu das “Camareiras da Virxe do Carme” e foi costeada pola veciña desta vila Dª América Franco Pico.
O suceso máis importante para a confraría ocorreu hai máis de medio século nunha solemne cerimonia na que a virxe foi coroada. Ás sete do serán do 19 de xullo do ano xubilar de 1958, e no propio santuario, foille imposta a coroa polo bispo de Mondoñedo, Joaquín Argaya Goicoechea, a cal foi doada polos veciños de As Pontes.
A esta cerimonia, ademais de todo o pobo de As Pontes, asistiu o alcalde Cesáreo González Dopeso, o gobernador civil e diversas autoridades da provincia.
O manto e o vestido foron doados polos devotos do pobo e os “Hijos de Puentes en Cuba”, a iniciativa dos irmáns Bellas Baamonde. Dende 1983 conta cunhas novas lámpadas, xa que as antigas fóronse deteriorando co paso dos anos. Foran doadas por Sergio Rivera Chao e Hipólito Vizoso nos anos 1905 e 1957.
Esta histórica cerimonia de coroación tivo lugar nas festas patronais de 1958, despois dun ano sen habelas, e nas que, entre outras, houbo actuación do Coro Aturuxo da Coruña, a banda municipal e as orquestras Mallorca, Puentes e Trovadores da Coruña.
Nunhas festas, nas que tamén houbo competicións de pesca, de natación –na presa de Alende- para infantís e cadetes e de tiro ó prato no campo de tiro do Poboado da Calvo Sotelo e un interesante partido de fútbol.
O día 20 foi adicado á cidade de Ferrol coa participación da Sociedade do Círculo Mercantil e Industrial da cidade ferrolá. Tamén houbo xincana motorista organizada polo Moto Club Ferrol.
O baile popular celebrábase no Campo da Feira e as verbenas na praza de Cervantes, hoxe do Hospital. O día 25, o da “Festa da Isla”, comezou con dianas e alboradas e o pasarrúas de xigantes e cabezudos. Ás once da mañá concerto de música e a unha do mediodía iniciouse a caravana cara a Fraga e dúas horas máis tarde tivo lugar o concurso de empanadas.
A xira campestre rematou cun baile popular no mesmo lugar a cargo das orquestras da localidade, Mallorca e Puentes, e ás once da noite a derradeira verbena das festas na praza de Cervantes.
Estas festas tamén editaron a súa revista (a primeira foi en 1953). Dos seus artigos merece citarse un de Bocelo, xornalista de La Voz de Galicia, titulado Unión y Cordialidad. Ó final do mesmo dicía:
“Amigos de Puentes de García Rodríguez, esto es cuanto por hoy puedo deciros de vuestra ciudad, que probablemente ha cambiado mucho desde que la visité por última vez. Y permitirme una recomendación: Por mucho que sea su desarrollo, por grande que sea su prosperidad, procurad permanecer fieles a las características que la hacen amable y sonriente. Puentes puede ser mucho sin perder un ápice de sus virtudes hospitalarias. Debe seguir siendo una tentación permanentemente para cuantos la conocieron alguna vez. Debe continuar siendo un punto interesante de veraneo. Su campo es precioso; su río, una bendición… Lo demás debéis ponerlo vosotros. Solo son necesarios dos ingredientes: Unión y cordialidad. Es fácil, porque ya los tenéis. Sólo os queda saber conservarlos.”
As Pontes, Festas do Carme 2014 (AF)
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
festas_2014
Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios