Cumprimos 11 anos!

136

Cumprimos 11 anos coa mesma ilusión coa que se orixino este proxecto. Parabén por facelo posible coas vosas visitas, comentarios e colaboracións. Agardamoste outro ano maís achegandote información actualizada sobre novas tecnoloxías, noticias do pobo, actividades culturais, deportivas,… e sendo o portal de referencia en canto información local do noso querido pobo, As Pontes de García Rodríguez.
As nosas estatísticas a día de hoxe son estas:
– Máis de 3.580.000 entradas na portada da páxina.
– Máis de 18.200 artigos con máis de 15 millons de lecturas.
– 565 temas nos foros.
– 1.870 mensaxes nos foros.
– Máis de 42 GB de información nos nosos servidores.
– As seccións especiais: Tempo nas Pontes coa estación metereolóxica funcionando as 24horas do día, un Rueiro, un Álbum fotográfico (xa non levamos conta das fotos que temos…), os Sons da Vila, Deporte Pontés.
– O noso apoio ao Software Libre.
– O noso apoio ao comercio local coa páxina web irmá MercaNasPontes e o apoio á tenda da Agroalimentaria do Eume.
– Os múltiples programas de man das festas e feiras das Pontes.
Moitas gracias a tod@s.
amigus11a.png

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios