ACTUACIÓN DE MIGUEL ALVARIÑO NO EUROPEO DE ARMENIA

71

O deportista pontés Miguel Alvariño desprazouse esta semana á localidade armenia de Echmiadzin, lugar onde se celebra o Campionato de Europa.
Nas primeiras tiradas Maikel foi 45º con 637 puntos. Mellor quedaron os seus compañeiros, Juan Ignacio Rodríguez e Miguel Angel Pifarre, que foron 25º e 26º con 650 puntos ambos, lonxe do bárbaro italiano Mauro Nespoli que fixo 683 e avantaxou en 16 puntos ó segundo, o luxemburgués Henckels (667).
A suma de puntos situou a España como décima por equipos con 1937 puntos, liderando Italia con 1981.
Nas eliminatorias, a gran nivel estivo Maikel, que gañou ó suizo Rufer (7-3), ó belga Thiry (6-2), caendo en dezaseisavos ante o holandés Van der Ven (4-6). Tamén moi ben estivo Rodríguez que venceu ó estonio Rist (6-0), ó checo Hamor (7-3), caendo en dezaseisavos ante o gran francés Valladont (5-6). O outro representante español, Pifarré, venceu ó eslovaco Hurban (6-5), caendo en trintaedousavos ante o rumano Ciornei (3-7).
O trío español Alvariño/Rodríguez/Pifarré venceron nos oitavos de final 6-0 a Polonia, séptimo na previa, pero caeron polo mesmo resultado en cuartos de final ante Francia, segundo na previa e posterior finalista xunto a Alemaña.
arco.JPG


En recurvo mixto, España (Alicia Marín/ J.I. Rodríguez) caeron na primeira rolda ante Dinamarca por 5-4. O mesmo lle aconteceu ó cadro feminino (Marín/Mirene Etxeberría/Bea Gómez) que perdeu ante a escadra danesa 6-2.
Espectacular estivo a aínda cadete Alicia Marín, tiradora nada en 1997, que foi 13ª nas tiradas e logo nas roldas eliminatorias gañou sucesivamente á armenia Shahnazaryan (6-0), á finlandesa Kuoppa (7-3), á histórica alemana Richter (6-5), á eslovaca Longova (6-5), para acabar caendo en semifinais ante a polaca Lesniak (6-5), que este sábado pelexará o ouro coa rusa Segina, mentres que Alicia loitará o bronce contra a mítica rusa Stepanova, que integraba o equipo ruso que venceu a España e a Gema Buitrón no Europeo de Rovereto en 2010.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios