O SOMOZAS LOGROU O XXIII TROFEO VILA DE AS PONTES Ó SUPERAR Ó RACING DE FERROL E Ó CD AS PONTES

85

O Somozas, que participaba por primeira vez, gañou hoxe con dúas xogadas a balón parado o XXIII Trofeo Vila de As Pontes, que tamén xuntou no campo do Poboado nun triangular de partidos de 45 minutos ó Racing de Ferrol e ó Club Deportivo As Pontes. Ós dous derrotounos do mesmo xeito o equipo que prepara Michel Alonso, con senllos cabezazos á saída dun córner, de Edi o primeiro e de Baleato o segundo.
O equipo somocense afrontaba o partido coa intención de encaixar ás novas incorporacións e que pode estar satisfeito logo de non recibir ningún gol no total dos noventa minutos ante dous complicados rivais.
Para o Racing de Ferrol, o torneo serviu para sacar máis conclusións sobre os xogadores a proba e pola súa banda, o As Pontes gozou dun triangular con moito público no Poboado, preto dun milleiro de afeccionados nas gradas en tarde de sol e que rematou xa sendo noite. Os choques serviron ó novo adestrador, Iván Rodríguez, para ir perfilando a un equipo no que figuran tres novidades, os porteiros Adrián Laureda e Rafita Alonso e o centrocampista Diego Chis.
O cadro pontés deu unha boa imaxe ante Somozas e Racing de Ferrol, dous equipos que se verán na vindeira tempada na Segunda División B, categoría á que ascendeu con todo merecemento e por primeira vez na súa historia o Somozas. O maior acerto na quenda dos penaltis diante do Racing de Ferrol deulle ó As Pontes a segunda posición no trofeo organizado polo Concello pontés.
“xxiii_vila_aspontes”


FICHA TÉCNICA DOS PARTIDOS
CD AS PONTES – UD SOMOZAS (0-1)
CD AS PONTES: Rafita, Moi, Toni, Totti, Chote, Pablo Domínguez, Iván González, Bossa, Javi, Chicho e David Amado. Tamén xogaron Rochela e Sergio Criado.
UD SOMOZAS: Kike Reguero, Javi Rosa, Luis Antonio, Andrés, Alfonso, Edi, Roberto López, Sergio, Estefan, Pablo Anas e Pablo Manuel. Logo entrou Rubén Gómez.
ÁRBITRO: Víctor García Villaverde, asistido por Javier Iglesias Villanueva e Iago Veiga López, de Ferrol.
GOL: Min. 26 (0-1). Edi cabecea despois dun saque de esquina.
COMENTARIO: Partido moi disputado sen grandes ocasións agás o gol. Bossa (m. 8) lanzou unha falta que se foi fóra. Edi (m. 13) lanzou un forte disparo que rexeitou Rafita. No tramo final o Somozas atacou máis e Pablo Antas (m. 44) mandou un balón moi cerca do poste local.
UD SOMOZAS – R. FERROL (1-0)
UD SOMOZAS: Abraham, Luis Antonio, Jordi Martí, Álex Bao, Fiuza, Pablo Ramos, Baleato, Alejandro Ares, Heber, Luis Ángel e Rubén.
R. FERROL: Mackay, Álvaro, Antonio, Víctor, Maceira, Adrián Cruz, Iosu, Carlos, Vela, Dalmau e Furtado.
ÁRBITRO: Javier Iglesias Villanueva, asistido por Víctor García Villaverde e Iago Veiga López, de Ferrol.
GOL: Min. 37 (1-0), Baleato, de cabeza, despois dun saque de esquina.
COMENTARIO: Máis dominio do Racing de Ferrol, que mandou un balón ó poste dereito nun cabezazo de Adrián Cruz no minuto doce. O Somozas, como no primeiro partido, aproveitou un córner e un cabezazo, neste caso de Baleato, serviulle para gañar. Na derradeira oportunidade, Vela mandou un balón alto.
R. FERROL – CD AS PONTES (0-0, pen. 5-6)
R. FERROL: Mackay, Aspas, Kevin, Antonio, Maceira, Dani, Samuel, Pablo Rey, Alvarito, Luiz e Brais. Tamén xogaron Iago de Santiago, Adrián Cruz, Álvaro e Víctor Vázquez
CD AS PONTES: Marcos, Rochela, Jorge Nano, Ros, Juan, Nes, Santi, Álex, Sergio Arias, Diego Chis e Marcos Novo. Logo entraron Chicho e Sergio Criado.
ÁRBITRO: Víctor García Villaverde, asistido por Javier Iglesias Villanueva e Iago Veiga López, de Ferrol.
PENALTIS: As Pontes, 6; Rcing de Ferrol, 5.
COMENTARIO: CD As Pontes e Racing de Ferrol empataron a cero goles nun partido igualado. O cadro pontés puido adiantarse no marcador nunha escapada de Jorge Nano que desbaratou o meta Mackay. Diego Chis e Nes tiveron oportunidades, pero na primeira o balón foi alto e na segunda rexeitou o porteiro a córner. Nos minutos finais Alvarito mandou un cabezazo alto e unha volea de Pablo Rey rexeitouna Marcos Bouza. O racinguista Dani resultou lesionado na clavícula dereita, polo que tivo que saír do terreo de xogo. Tamén se retirou por lesión Diego Chis, do As Pontes.
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
xxiii_vila_aspontes
Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios