Nota de prensa do BNG: O PSOE MANTÉN AS VIDEOCAMÁRAS DA FRAGA SEN AUTORIZACIÓN

103

A Delegación do Goberno comunicou fai dous meses a súa decisión, que ratificou o 22 de xullo.
As Pontes, 1 de agosto de 2014.- Vai un ano dende que o BNG recollera as queixas dos veciños e veciñas pola instalación de dúas cámaras fixas de videovixilancia, mal sinalizadas, no Hexágono da Fraga, equipamento ocupado por varias asociacións, e que está preto da nave do polbo na que se desenvolven festas e actos privados.
O BNG alertaba de que o feito de captar, gravar ou reproducir imaxes de persoas que se poden identificar anula dereitos fundamentais, con independencia da súa autorización ou non.
A situación actual é máis grave, xa que dende o 6 de xuño o PSOE é coñecedor da resolución da Delegación do Goberno de non autorizar a súa instalación, decisión que foi recurrida polo Alcalde o 1 de xullo, e ratificada e comunicada ao Concello o 22 de xullo.
O BNG, ademais de denunciar o incumprimento do PSOE logo de dous meses, ven de solicitar a súa retirada inmediata.
camaras-hexagono.gif
Pintado de aparcamentos.
O BNG tamén ven de rexistrar unha solicitude para que o Concello proceda ao pintado dos aparcamentos, cando menos, na rúa Celso Emilio Ferreiro e nas Avenidas de Vilalba e da Habana, ao coincidir coas actuacións de sinalización horizontal que están a desenvolverse nas súas proximidades.
A reclamación veciñal xa foi presentada polo BNG en reiteradas ocasións, sobre de todo despois das decisións do PSOE da chamada humanización, de cambios na situación da feira, ou de pintados de aparcamentos noutras rúas só en período electoral.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios