Regata Provincial de Piragüismo

99

Este domingo día 10 de agosto, entre as 10 e as 13 da mañá celebrarase no Encoro da Riveira, en As Pontes, a 2º regata da Liga da Deputación da Coruña de Piragüismo.
Participarán 293 rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos dos seguintes clubes da provincia da Coruña:
CLUB SOCIEDAD DEPORTIVA AS XUBIAS
CLUB RIA DE BETANZOS
CLUB PIRAGUISMO RIBEIRAS DO TAMBRE
CLUB PIRAGUISMO RIAS BAIXAS-NAUTICO BOIRO
CLUB PIRAGUISMO NARON
CLUB NAUTICO FIRRETE
CLUB DEPORTIVO NAUTICO DE MIÑO
CLUB CABANAS KDM
e, por suposto, os nenos e nenas do GRUPO XUVENIL PIRAGÜISMO AS PONTES.
A competición será sobre as distancias de 1500m para alevíns e benxamíns e 3000m para infantis e cadetes, todos en embarcacións individuais (K1 e C1).
Para a organización da regata o Grupo Xuvenil conta coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo, do Concello das Pontes e Protección Civil das Pontes, e toda a Liga está patrocinada pola Deputación da Coruña.


Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios