ACTUACIÓN DE MIGUEL ALVARIÑO NA COPA DO MUNDO DE POLONIA

166

O arqueiro pontés Miguel Alvariño desprazouse esta semana á localidade polaca de Wroclaw para a disputa da cuarta e derradeira proba da Copa do Mundo, despois das desputadas en Shanghai, Medellín e Antalya. A final da Copa do Mundo desputarase aproximadamente en un mes en Lausana.
Comezaba Maikel nas roldas clasificatorias de 72 frechas nas que non tivo o mellor día e acabou 77º con 630 puntos. Algo máis atinado estivo Juan Ignacio Rodríguez, 40º con 630, e Miguel Angel Pifarre, 57º con 641, lonxe dos 685 do estratosférico Brady Ellison.
Moito mellor lle foi a Miguel na roldas eliminatorias, a pesar de arrastrar o 77º posto e cruzarse co belga Ramaekers (36º), gañoulle 6-4, e logo ó ucraino Viktor Ruban (29º), por 7-1. En dezaseisavos xa era moito pedir, e co cuarto clasificado da previa, o estadounidense Jake Kaminski perdeu 2-6. Moi ben tamén Rodríguez, que venceu ó norcoreano Kim 6-4, ó danés Wulff tamén polo mesmo marcador para caer ante o italiano Mauro Nespoli, 1-7, posterior finalista este domingo xunto ó holandés Van der Ven. Non tivo a mesma fortuna Pifarre caendo na primeira rolda ante o exipcio Sabry por 0-6.
Na categoría feminina nas calificatorias, Mirene Etxeberría foi 53ª, Bea Gómez 63ª, e Miriam Alarcón 64ª. Moi ben Bea Gómez, que vence una primeira eliminatoria á británica Hunt 6-4 para caer na segunda ante a indonesia Rochmawati 2-6, non unha arqueira calquera, pois desputará este domingo a final contra a china Xu. Etxeberria cae una primeira rolda ante a italiana Spera por un apretado 5-6, e Alarcón ante a norcoreana Ri por 1-7.
miguel_alavino_1.jpg
Na competición por equipos difícil o tiña o cadro español pois sumando a puntuación dos tres representantes nas tiradas de 72 frechas, obtiveron a 16ª praza con 1921 puntos, a última das que daban acceso á rolda final e polo tanto tiveronse que ver co primeiro, a India, o único país que nas calificatorias pasou dos 2000 puntos, en concreto 2005, xunto con Francia (2001). Cumpriuse o favoritismo e acabou gañando India 5-1, equipo que este domingo desputará a final ante México. Polo bronce China e Rusia.
Na proba de recurvo mixto onde compiten os mellores representantes masculinos e femininos de cada país, Rodríguez e Mirene Etxeberría foron 15º na previa e polo tanto enfrontaronse ó segundo país con máis puntos, Rusia, que sen embargo lles gañou por un apretado 3-5. Os rusos desputarán a final este domingo con México, país enrachado. Polo bronce India e Bielorrusia.
miguel_alavino_2.jpg


Nova Cortesía Xose Ferreiro
Fotografías cortesía da FITA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios