A COPA DE ESPAÑA DE VELA, CLASE VAURIEN, EN AS PONTES

88

A Copa de España para a Clase Internacional Vaurien, celebrarase no Lago de As Pontes entre os días 14 e 17 de agosto de 2014 ambos. Esta competición está organizada nesta edición polo Clube de Vela Fluvial As Pontes, AsVaurien España, a Real Federación Española de Vela en colaboración coa Federación Galega de Vela, Endesa o Concello de As Pontes, e co patrocinio do propio Concello de As Pontes.
As categorías que competirán nesta regata son: absoluta, femenina, xuvenil, xuvenil femenina e master.
Ó longo do xoves día 14 realizarase a recepción e rexistro dos participantes así como a medición e sellado dos barcos e os seus aparellos, non habendo navegación.
O venres día 15 está previsto que se corran 3 mangas, sendo a saída da primeira delas ás 13:30 hs.


Ós días 16 e 17 están programadas as primeiras saídas do día ás 13:00. E no caso do domingo 17 non se dará ningunha saída despois das 16:00 hs. A entrega de premios realizarase este día ás 18:00 hs.
Está confirmada a participación das que veñen de plocamarse en Italia campeonas do mundo de esta clase, Alejandra Suárez e Helena Pérez, e dos subcampións do mundo xuvenís Tirso Cerqueira e Mario Pérez, ambas tripulacións do Real Club Nautico de Vigo. Ademáis tripulacións do País Vasco, Castela e León, Extremadura e do norte de Portugal teñen confirmada a sua participación nesta edición 2014 da Copa de España.
O club anfitrión presentará inicialmente 4 tripulacións compostas por Roi García/Luis Suárez, Ana Dopico/Jacqueline Cruz, Marta Vilar/Manuel Bermúdez e Miguel Ferreiro/Luis Pita.
copa.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios