Nota de prensa do BNG: AS PONTES FÓRA DAS AXUDAS DO NOVO PLANO DO CARBÓN 2013-2018 PARA A IMPLANTACIÓN DE EMPRESAS

97

Para o BNG, a exclusión e os 55M€ pendentes en infraestruturas do plano anterior evidencian o desprezo e ninguneo do Estado, coa colaboración irresponsábel da Xunta e do Concello.
As Pontes, 13 de agosto de 2014.- Tanto as bases como as convocatorias de axudas a proxectos empresariais e a pequenos proxectos de investimento creadores de emprego, publicadas no BOE de hoxe, exclúen a Galiza do seu ámbito de actuación; confírmase, polo tanto, que nun momento no que a situación socioeconómica das Pontes é máis problemática que nos primeiros anos de aplicación do Plano do Carbón, con menos poboación, máis desemprego e menos actividade empresarial, é dicer, cando estaría máis xustificada a inclusión, As Pontes fica fóra das subvencións.
A xestión das axudas nos planos anteriores, xunto co instrumento diferenciador que aportou o Plano de Desenvolvemento asinado con Endesa –na actualidade cun intento de liquidación por parte da empresa-, posibilitaron a dispoñibilidade de solo industrial a prezos moi competitivos e favoreceron a implantación de empresas, o que, aínda con defectos, permitiu diversificar a actividade empresarial e amortecer, en parte, os efectos negativos da diminución de actividade de Endesa e da crise.
O BNG ven denunciando en todas as institucións a actitude de desprezo e ninguneo que dende o Estado se estivo e se está a ter con Galiza e con As Pontes, situación agravada pola irresponsabilidade da Xunta e a colaboración do Concello; subliñar que nas Pontes non se chegou a executar infraestrutura algunha do plano anterior, cun total de 55M€, con gobernos supostamente amigos do PSOE no Estado e no Concello.
O presente e o futuro do emprego e da actividade empresarial nas Pontes é complexo, cuns 15.000m2 de solo industrial dispoñíbeis, coa ampliación de Penapurreira paralizada, sen as axudas do Plano do Carbón, cun Plano de Desenvolvemento inactivo e en liquidación, … O goberno do PSOE debe asumilo e recoñecer que non se soluciona con festas, comelladas e publicidade (egocéntrica e moi cara, por certo).
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios