TRES MEDALLAS PARA BORJA PRIETO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

101

O piragüista pontés Borja Prieto Valera ven de conseguir esta pasada fin de semana no Embalse de Trasona en Avilés tres medallas de prata no 46º Campionato de España.
Borja participou en 6 probas, no K1 500 quedou 4º na súa dura serie semifinal, tralo Campión Mundial Cosgaya, o recente Campión de Europa Junior Roi Rodríguez, e Íñigo Peña, que foron os clasificados á final. Tamén quedou apeado na semifinal do K2 200 xunto ó seu compañeiro Miguel Ángel Gallo.
Moito mellor lle foron as cousas nas outras 4 probas, conseguiu a medalla de chocolate xunto ó seu compañeiro o gran Javier Hernanz ó quedar cuartos no K2 1000.
Pero nas 3 probas de K4, formando embarcación cos seus compañeiros Hernaz, Gallo e Jaime Blanco lograron 3 medallas de prata en 1000, 500, por detrás do intratable Kayak Tudense, e 200.
Moi ben estivo o Real Grupo de Cultura Covadonga, que conseguiu oito metais (un ouro, tres pratas e catro bronces) con apenas once participantes acabando no séptimo posto da clasificación xeral por clubes.
borja_1.jpg


borja_2.jpg
borja_3.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios