Nota de prensa do BNG: O PSOE MANTÉN AS VIDEOCAMÁRAS DA FRAGA SEN AUTORIZACIÓNO BNG ADVIRTE SOBRE DA POSÍBEL PERDA DOS 55MЄ EN INFRAESTRUTURAS DO ANTERIOR PLANO DO CARBÓN 2006-2012.

102

Tamén esixe do Alcalde que o considere un tema prioritario adicándolle tempo e esforzo necesarios para a súa resolución.
As Pontes, 23 de agosto de 2014.- Dende 2011, o Grupo Municipal nacionalista ven facendo propostas de medidas a desenvolver co obxectivo, entre outros, de estabilizar e crear emprego local. Unha das propostas é a de executar os 55MЄ en infraestruturas do anterior Plano do Carbón. Diante da preocupante pasividade e alarmante inactividade do PSOE neste tema –a non ser para pór dificultades de acceso á información-, o BNG rexistraba en xaneiro de 2013 unha moción coa que pretendía que o Concello reclamase a débeda ao Estado, como con calquera persoa ou empresa que adebeda cartos á administración; en marzo acordouse, por unanimidade e a proposta do Alcalde, optar pola vía xudicial.


En resposta escrita a unha pregunta da deputada do BNG Rosana Pérez, o goberno do PP recoñece que 7 actuacións duns 10MЄ a executar nas Pontes con cargo ao orzamento para infraestruturas do Plano do Carbón 2006-2012 iniciaron a tramitación mais non se asinaron os convenios. Do resto, unhas 12 actuacións (xeriátrico, ampliación de Penapurreira, estrada Airíos-Momán, museo da minería, centro integral de discapacitados, …) cun orzamento total duns 45MЄ, nada dí.
Ano e medio despois do acordo plenario, nada ten feito o Alcalde. Pola contra, fai uns meses, a Audiencia Nacional fallaba a favor do goberno asturiano e obrigaba ao goberno estatal a executar unha sentencia favorábel ao Principado, referida aos 213MЄ das actuacións de 2011 conveniadas con cargo aos fondos mineiros, e, polo tanto, con compromisos escritos adquiridos polo goberno do Estado, o que anulaba o seu argumento da “imposibilidad económica sobrevenida”.
Estamos a falar dunha inxección económica de 55MЄ nas Pontes con importantes e necesarios efectos no ámbito laboral e social, mais temos un goberno estatal do PP que non quere dar o que é noso por dereito, un goberno galego do PP submiso que non defende os nosos inetereses, e un Alcalde do PSOE que, máis centrado na súa carreira política, non foi quen de asinar convenio algún no período 2007-2010, cando no Estado estaba o seu goberno amigo, cun presidente co que, polo que parece, só se fotografiou, e cuxos ministros, incluido o de Industria, viñeron de paseo polas Pontes a facer propaganda electoral incumprida.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios