TERCEIRA DIVISIÓN 2014/15: C.D. AS PONTES – C.D. RIBADUMIA (1-4)

55

Changui, o veterano xogador de Boiro a piques de cumprir os 38 anos, foi o auténtico protagonista no campo do Poboado ó anotar os catro goles do seu equipo, que gañou merecidamente e con toda xustiza por 1-4 a un As Pontes que só plantou cara na primeira metade do encontro, xa que na segunda o cadro do Salnés foi o auténtico dono deste primeiro partido disputado no Poboado.
O As Pontes xogou con dúas marchas menos e isto notouse no encontro ante un Ribadumia moito máis rápido e que soubo aproveitar ó cen por cento as súas ocasións de gol, ás veces propiciadas por erros da zaga local, que non estivo nada atinada neste primeiro encontro no Poboado. Na primeira parte o dominio foi dos ponteses, pero o control do balón non resultou positivo de cara ó marcador e si para os visitantes, que no minuto 34 aproveitaron un contragolpe para marcar o seu primeiro tanto nun pase do senegalés Sylla a Changui, que bateu por baixo a Marcos.
Nada máis comezar a segunda parte, de novo o boirense volve a marcar e o partido ponse costa arriba para os ponteses. O adestrador pontés, Iván Rodriguez, introduce cambios, pero non dan o resultado esperado e á media hora deste segundo período chega o terceiro gol de Changui e sete minutos máis tarde volve a marcar nun lanzamento de falta que toca Marcos pero non evita que entre polo escuadro. Sergio Arias logrou o gol da honra a sete minutos do final do partido.
Mal inicio do As Pontes nesta tempada que debe ser a da súa confirmación de candidato a ocupar os postos de promoción de ascenso. Decepción nos afeccionados ponteses, que, aínda que desconfiaban dun recén ascendido Ribadumia e da súa figura Changui, non se esperaban este avultado resultado do seu equipo neste primeiro partido no Poboado.
“futbol_”


C.D. AS PONTES: Marcos, Rochela, Jorge Nano, Chote (Santi, 58), Aitor, Dani, Iván (Javi, 75), Chicho (Fidi, 58), Sergio Arias, David Amado e Pablo Domínguez.
C.D. RIBADUMIA: Roberto, Carlos, Óscar, Vázquez, Adrián, Bisti (Alex Gómez, 68), Sylla, Jesu (Aram, 62), Jorge Fernández (Padín, 80), Changui e Martín.
ÁRBITRO: Adrián García Rodríguez, asistido de Patricio Blanco e Bermúdez Seoane, de delegación da Coruña. Tarxetas amarelas a Jorge Nano, do As Pontes, e ós visitantes Carlos e Bisti.
GOLES: Min. 34 (0-1), Changui. Min. 49 (0-1), Changui. Min. 75 (0-3), Changui. Min. 82 (0-4), Changui. Min. 83 (1-4), Sergio Arias.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da segunda xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado ante uns 300 espectadores nas gradas en tarde de sol e calorosa con presenza dunha ducia de seguidores de Ribadumia. No descanso do partido realizouse a presentación oficial dos equipos de base do Club Deportivo As Pontes.
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
futbol_
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios