V SAN SILVESTRE PONTESA 2015

Disputouse este último día de ano cuns 500 participantes

307

O día 31 á tarde desputábase a quinta edición da San Silvestre pontesa, proba organizada polo Concello de As Pontes e o Clube Atletismo Olympo.

Preto de cincocentos participantes, entre corredores e andaríns, déronse cita nun día frío, pero no que a chuvia respetou na meirande parte do transcurso da proba.

Amenizado polo speaker Xalo Maira, na proba masculina impúxose Luis Miguel Velasques, cun tempo de 16:01, seguido de Adrián Moreno (Marineda) e Iván Puentes (Triatlón Ferrol). David Castro foi o mellor pontés, sexto, e o gran Minecho, decimo cuarto. Outro grande, como o campión continental Antonio Polo Campello, foi vixésimo cuarto.

En mulleres gañou Camila Alonso, irmá de Melina, cun tempo de 18:54, seguida de Laura Cabarcos e Belén Nieto, muller de Simón.

No resto de categorías, na cadete, podio pontés cos irmáns Azdin e Mohamed Jeddaoui, primeiro e terceiro, e segundo Xoel Trastoy (Olympo). No Feminino, gañou Uxía Fernández, prata Alba Pin, ambas do Atletismo Narón, e terceira María Prieto, do Olympo.

En Infantil venceu Hugo Prida (Triatlón Ferrol), seguido do local Hugo Blanco e Sergio Rico. En cativas o ouro foi para Clara Díaz (Teleno), seguida de María Heras (Narón) e África Morales (Olympo).

En Alevín venceu Adrián Rivadulla (Ría Ferrol), seguido de Roi Díaz (Narón) e Víctor Bouza. A local Paula Criado (Olympo) venceu na feminina, seguida das irmáns Doua e Sofía Belhaj.

Na categoría Benxamín gañou Daniel Salgueiro (Coruña Comarca), seguido polos locais Destaw Pellón e Antonio Graña (Olympo). Nas nenas venceu Alba Barallobre (Riazor Coruña), seguida de Antía Otero e Paula Bellas (Maistrote).

Xa ó final da proba houbo chocolatada, e os concellais Montse García e Chicho Tembrás entregaron os agasallos ós triunfadores.

Tamén houbo, coma tódolos anos, premios ós mellores disfraces. O individual recaeu en Abraham Lincoln, en parellas, as uvas, dúo formado polo gran empresario pontés das caneleiras Simón Cabarcos, e a súa muller Belén Nieto, e por grupos recaeu en Abba. Eduardo Manostesoiras gañou no disfrace dos máis pequenos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios