XV GALA DO DEPORTE PONTÉS

Miguel Alvariño foi o vencedor absoluto nunha gala na que se premiaron once categorías e se fixeron catorce mencións especiais

538

Este venres ás 20:30, nun Cine Alovi que se quedou curto ante a gran afluencia de público, e moitas persoas tiveron que seguir a Gala dende unha pantalla, déronse os Premios ós mellores deportistas ponteses, 11 anos despois.

Compoñían o xurado, os grandes deportistas, Dani Feijoo, gañador en 1997 e Gema Buitrón, que nunca se lle permitiu conseguir este galardón, aínda que ben o merecía. Tamén estaba Evaristo Puentes Leira, once anos árbitro de Primeira División e gañador deste trofeo en 1989 e 1994, o ex xogador durante moitos anos do Autos Puentes, Pepe García, Marta Mancebo do Progreso, e Laura Estefanía, instructora da Escola Municipal de Aerobic e Zumba.
Nunha gala amenizada polo gran Xalo Maira, e tamén por diversas actuacións da Escola Municipal de Baile Moderno, e a de Aerobic e Zumba, primeiro premiouse ós 40 clubes e asociacións deportivas de As Pontes.

Fixéronse 14 mencións especiais, para o equipo cadete do CB Baloncesto As Pontes que gañou a Liga e a Copa Galega de Outono, David Bellas (Culturismo), Vicente Anido (Pesca), Adrián Bouza (Rally), Felipe Peña (Raids), Manuel Pellón (Mountain Bike), o gran Minecho (Atletismo), Bea Felpeto (Taekwondo), Juan Carlos Barro e Aitor Franco (Ironman), os irmáns Daniel e Cristina Castro (Tiro con Arco), o prometedor Enrique Fornos (Fútbol), e o gran Borja Prieto (Piraguismo), recollendo o galardón a súa nai, Rosa Valera. Tamén se premiou ós membros de Protección Civil.

Xa nos once premios que se outorgaban ás distintas categorías, Rosendo García, delegado do Esteo, levou o premio a toda unha vida adicada ó deporte, Carmen Barro, do Renbu-kan As Pontes de karate, á mellor dirixente deportiva, recollendo o premio Aquilino Meizoso, e Antón Ferreiro levou o de mellor labor comunicativo, o seu segundo galardón, tralo primeiro en 1989.

Diego Dopico, recentemente retirado do fútbol por unha hernia ós seus 29 anos, recibiu o premio á Traxectoria Deportiva, e a Northwest Triman foi considerada o mellor evento deportivo.

O premio á mellor entidade colaboradora recaeu en Matojoma Grupo Tu, recollendo o premio o Campión do Mundo de Kung Fu, Jose Cope.

O CD As Pontes recibiu o premio ó mellor clube e tamén ó mellor labor deportiva de base. O Rei Midas, Manolo Buitrón, recibiu o premio ó mellor adestrador.

E xa para rematar, Gabi Tembrás, foi recoñecido como a mellor promesa, e Miguel Alvariño foi elixido mellor deportista pontés do 2015, sucedendo no palmarés á gran Susana Castro, a última gañadora. Acompañárono no podio, Gabi Tembrás e Noe Calvo.

Estiveron presentes as autoridades locais, o Alcalde, Valentín González Formoso, e os concelleiros, Chicho Tembrás, de deportes, ademáis de Montse García, Ana Pena, Jose Alén, Antonio Alonso, Sonia Sueiro e Isabel Fornos. Tamén estivo presente a gran alpinista viguesa Chus Lago.

Gala do Deporte Pontés 2015

Mellor deportista pontés: 1 Miguel Alvariño, 2 Gabriel Tembrás, 3 Noé Calvo
Mellor deportista promesa: 1 Gabriel Tembrás, 2 Beatriz Felpeto, 3 Daniel Castro
Mellor clube ou entidade deportiva: 1 CD As Pontes, 2 Club Atletismo Olympo, 3 O Esteo FS
Mellor adestrador ou técnico deportivo: 1 Manuel Buitrón, 2 Marco Roca, 3 Antonio Montes
Mellor labor deporte de base: 1 CD As Pontes, 2 CB As Pontes, 3 O Esteo FS
Mellor entidade colaboradora: 1 Matojoma Grupo Tú, 2 Protección Civil, 3 Gadis
Mellor evento deportivo organizado por un club pontés: 1 Ironman, 2 Cap´15 (Tiro Arco), 3 Mundial Kayak Surf
Traxectoria deportiva: 1 Diego Dopico, 2 Borja Prieto, 3 Susana Castro
Recoñecemento mellor labor comunicativa: 1 Antón Ferreiro, 2 Xose Ferreiro, 3 Luis Díaz-Faes
Recoñecemento mellor dirixente deportivo: 1 Carmen Barro, 2 Susana Castro, 3 Ernesto Gancedo
Recoñecemento a toda unha vida adicada ó deporte: 1 Rosendo García, 2 Jose Antonio Pena, 3 José Guerreiro

Gala do Deporte Pontés

Miguel Alvariño García 2015
Susana Castro Pena 2003-2004
Serafín Fontao Castro 2001
Borja Prieto Valera 2000
Mario Calzas Pérez 1999
José Ramón Corral Bustabad 1998
Daniel Feijoo Ferreiro 1997
Lucía Legaspi Bouza 1996
Lucía Legaspi Bouza 1995
Evaristo Puentes Leira 1994
Arturo Torrente Bellas 1993
Antonio Polo Campello 1992
Arturo Torrente Bellas 1991
Arturo Torrente-José Ramón Corral 1990
Evaristo Puentes Leira 1989

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios