Amigus Labs 3d: Obradoiro de deseño e animación 3D

Obradoiro de deseño e animación 3D

306

O próximo 19 de marzo, de 10 da mañá a 8 da noite, no Lar, realizaremos unha nova edición da Amigus-Labs. Nesta ocasión realizaremos un obradoiro de deseño e animación 3D. A idade recomendada para participar é a partir de 13 anos.

O obradoiro está enfocado a iniciarse no mundo do 3D e comezar a crear e modelar figuras tridimensionais de certa complexidade de maneira sinxela.

Crear un escenario de animación onde as leis da física póidanse controlar ao noso antollo, dar vida ás nosas propias figuras en 3D, controlar a iluminación, os diferentes encadres e puntos de vista da cámara… usando diferentes ferramentas daranse os primeiros pasos no longo e apaixoante camiño de chegar a ser un deseñador 3D.

A ferramenta que usaremos será o Cinema 4D (a versión trial).

O obradoiro de deseño e animación 3D pode ser o punto de partida para tódolos xóvenes imaxinativos apasioados polo deseño que buscan especializarse no mundo da animación 3D.

Faremos unha parada para comer de 14:00 a 15:00, na que comeremos no mesmo Lar cun custo de 10 € por persoa (opcional), e estará incluida a comida e refrescos. (Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas ou fumar no recinto da Amigus-Labs)

Unha vez máis a Amigus-Labs está co-organizada polo Concello dás Pontes, Grupo de Empresa, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Para asistir á Amigus-Labs 3D debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso da ferramenta 3d).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi
– Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs 3D, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 17 de marzo. Podes apuntarte enviando un email a info@amigus.org (prazas limitadas)

AmigusLabs3D

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios