SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CISTIERNA FS – O ESTEO F.S. (8-3)

O Esteo foi goleado por un equipo en postos de descenso, e debe gañar ó Xove.

148

Contundente derrota de O Esteo na súa visita a Cistierna ante un rival directo (8-3). Ao descanso chegouse con empate a 1-1 pero no segundo tempo os de Castela León vapulearon ós ponteses.

O Esteo é undécimo con 26 puntos, tan só un por riba do teórico terceiro descenso, que marca precisamente o leonés Cistierna (25), que ten o goal average a favor. Algo máis descolgados, Sala Ourense (20) e Bueu (13).

No próximo partido deberán gañar si ou si ó décimo clasificado, Xove, que ten en Manu Jiménez ó máximo goleador da categoría.

Cistierna: Viti, Julio, Jesús, Cristian, David – cinco inicial – Aitor, Samuel, Javi Fernández.

O Esteo: Javichu, Bertito, Gerardo, Héctor, Ayala – cinco inicial – Tucho, Fran, Alberto.

Árbitros: José Antonio Cañas Cañas, Francisco Zarazuela Hernando. Sara Andrés López (Castela e León). Amoestaron a Jesús, David, Javichu, Bertito, Gerardo e Héctor.

Goles: Min. 2 (0-1), Bertito. Min. 7 (1-1), Cristian. Min. 21 (2-1), Julio. Min. 23 (3-1), Samuel. Min. 28 (4-1), David. Min. 32 (5-1), Samuel. Min. 33 (5-2), Ayala, Min. 34 (5-3), Bertito. Min. 35 (6-3), Jesús. Min. 36 (7-3), David. Min. 37 (8-3), Cristian.

Incidencias: Pavillón Municipal de Cistierna (León). Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios