FINAL DA FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA. KELTIA OURENSE RUGBI 15 – FENDETESTAS RC 5

Os ponteses deberán xogar contra o Coretti Lalín pola última praza en primeira.

205

O Fendetestas perdeu a final da fase de ascenso á Primeira Territorial Galega, pero púxolle moi complicadas as cousas ó Keltia de Ourense, que vencera con contundencia os once encontros anteriores, incluido un 0-24 en As Pontes e un 30-0 en casa.

O conxunto pontés impediu os ensaios do cadro ourensán, que aínda así, con tres golpes de castigo transformados, marchou ó descanso 9-0, e con outro posterior poñíase 12-0. Un ensaio de Álvaro metía ós verdes no partido, 12-5, pero un quinto golpe de castigo transformado polos locais, por medio do seu especialista, o arxentino Juan Franco Porcu, situou o 15-5 defintivo dando un merecido ascenso os ourensáns que completaron o pleno de 12 triunfos en 12 partidos.

Agora ó Fendetestas conrrespóndelle xogar en abril co gran CR Coretti Lalín, penúltimo clasificado da Primeira, por un posto nesta categoría. Os ourensáns ocuparán o lugar do Muralla de Lugo, que baixa de categoría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios