LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16 (17ª Xornada)

O Santaballés segue de líder na liga de fútbol de veteranos de As Pontes con 40 puntos, os mesmos que ten Mobles Eume, que é segundo por mellor coeficiente particular dos chairegos. Non hai variacións no resto da clasificación.

310

O Santaballés segue de líder na liga de fútbol de veteranos de As Pontes con 40 puntos, os mesmos que ten Mobles Eume, que é segundo por mellor coeficiente particular dos chairegos. Non hai variacións no resto da clasificación.

Nesta xornada destaca a apurada vitoria por 2-1 de Santaballés sobre Bar Xardín e as goleadas de Mobles Eume e Galiorient (con 4 goles de Tomás) sobre A Cepa e MMYPEM.

Por segunda vez no campionato, As Pontes 74 non se presentou a disputar o choque contra La Galaxia, polo que se lle dá por perdido por 3-0, aínda que debería ser sancionado con perda de puntos pola reiteración, circunstancia que ó parecer non está contemplada no regulamento da competición.

Restan dúas xornada por disputar para o remate da competición, a derradeira (18ª) máis a 12ª, que non se celebrou polo mal tempo; polo que o título está por decidir, aínda que Santaballés é o firme candidato, sempre e cando non pinche ante Farmavida ou Electricidad J&O e Mobles Eume gañe a Galiorient e MMYPEM.

17ª XORNADA 19-20 / Marzo / 2016

Electricidad J&O – Farmavida (Aprazado)
A Cepa – Mobles Eume (0-7) Iván (3), Rubén (2) e Luis (2)
Santaballés – Bar Xardín (2-1) Diego Soto (2) / Cascudo
Galiorient – MMYPEM (5-0) Tomás (4) e Manel
La Galaxia – As Pontes 74 (3-0) Non presentado As Pontes 74

CLASIFICACIÓN

1º SANTABALLÉS – 40 Puntos
2º MOBLES EUME – 40 Puntos
3º BAR XARDÍN – 32 Puntos
4º LA GALAXIA – 30 Puntos
5º GALIORIENT – 20 Puntos
6º AS PONTES 74 – 18 Puntos
7º FARMAVIDA (-1 partido) – 17 Puntos
8º MMYPEM – 11 Puntos
9º A CEPA – 10 Puntos
10º ELECTRICIDAD J&O (-1 partido) – 7 Puntos

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO (M. Eume) – 27
JAVI (Bar Xardín) – 10
DIEGO (Santaballés) – 10
TOMÁS (Galiorient) – 10

18ª XORNADA 2-3 / Abril / 2016

Electricidad J&O – La Galaxia (Sáb. 2, 19,00 h)
Santaballés – Farmavida (Sáb. 2, 20:00h)
MMYPEM – Bar Xardín (Dom. 3, 10:00 h)
As Pontes 74 – A Cepa (Dom. 3, 11:00 h)
Galiorient – Mobles Eume (Dom. 3, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios