CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 22-23-24-26-27 / MARZO / 2016

O As Pontes logra unha incrible vitoria ante o líder Boiro que lle da a metade da permanencia

265

O As Pontes logra unha incrible vitoria ante o líder Boiro que lle da a metade da permanencia

TERCEIRA DIVISIÓN (31ª xornada)
C.D. BOIRO – C.D. AS PONTES (0-1)

O As Pontes deu a alegría da tempada ó vencer na casa do líder e equipo con moitas papeleteas para ser o futuro campión, o Boiro, un conxunto ó que lle venceu nos dous encontros de Liga, 4-2 e 0-1, e fíxoo con moitas baixas, con 14 dos 16 xogadores convocados da canteira ou saídos do filial, e sobre todo, deixa medio asegurada a súa presenza na categoría un ano máis, aínda que deberá conquerir alomenos catro puntos máis nas sete xornadas restantes. Novenos con 43 puntos, alonxan xa en 14 puntos os postos de descenso e en 7 os de arrastre, que son importantes e a ter en conta porque é moi probable que tristemente descendan Compostela e Celta B.

No primeiro tempo tivo catro boas oportunidades o equipo de Lemos, dúas moi claras, pero chegouse con 0-0 ó descanso. O As Pontes aguantaba como gato panza arriba e Marcos mantiña a súa porta a cero, ata que mediado o segundo tempo marcaba Cañizares nun balón no que Kike Reguero non estivo moi atinado. Seguiu aguantando o As Pontes nos últimos minutos ante un Boiro que achuchaba e sacaba toda a artillería que lle quedaba no banco, quedando só con tres defensas atrás, o que provocou que casi volve a marcar Cañi noutra contra. O partido prolongouse ata o 95´, coa última xogada, un córner para os locais que foi a súa derradeira aproximación de perigo, pero o marcador non se moveu e o As Pontes suma tres puntos salvadores.

Xogaron Marcos, Hugo, Alex Cabarcos, Chote, Dani, Nano, Toni (Juan 87´), Edi, Samu (Santi 54´), Cañizares e Pablo Ramos (Criado 73´). Próxima xornada, partido en casa contra o Arousa.

COPA COMARCAL XUVENIL (Semifinal ida)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS (1-2)

Quedou eliminado o Xuvenil nas semifinais de Copa ante o Portuarios de Ferrol. Na ida, o xoves, partido moi polémico, no que comezaba adiantándose o conxunto local no primeiro tempo por medio dun penalti transformado por Alex Blanco. Xa no segundo foi expulsado Lino faltando quince minutos por suposta agresión a un contrario tras lanzamento de córner e tívose que poñer Pita, a verdade facendoo bastante ben, aínda que non puido deter o penalti do empate 1-1. Xa no desconto e tras un córner que semellaba claro saque de porta para os locais, anotaron os visitantes nunha xogada moi desafortunada en que o balón rebotou nun defensa, indo ó lado contrario, ante o que Andrés nada puido facer, 1-2. Xogaron Lino, Iago, Jorge, Alex cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Jandro, Iván, Ayrton, Casas e Andrés, saíndo despois Xose, Nahum e Rey.
COPA COMARCAL XUVENIL (Semifinal volta)
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES (5-2)

Xa na volta, este sábado en Aneiros, triunfo máis cómodo dos ferroláns, 5-2, que alcanzan a final. Polos azuis xogaron Lino, Iago, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Jorge, Brais Blanco, Iván (1), Ayrton, Xose, Jandro, Casas e despois Dani (1), Nahum, Rey e Manuel. (Xentileza de Felipe Mieres)

COPA COMARCAL CADETE (Semifinal ida)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (4-2)

O equipo cadete trouxo un mal resultado de Pontedeume, onde colleitou a súa primeira derrota da tempada, que ata agora se resumía en 24 triunfos por 2 empates. Un 4-2 ante o terceiro clasificado de Liga, o Eume. Aínda lles queda a volta, pero será moi complicado.

A pesar de que se adiantaban os locais por medio de Juan, dous goles de Cazás poñían o 1-2 antes do descanso, aínda que trala reanudación un tanto de Aarón voltaba a situar as táboas, 2-2. Foi nuns malos últimos cinco minutos dos azuis, o equipo viña algo castigado físicamente polos encontros da Copa Coca Cola, que os de Pontedeume marcaron por medio de Miguel e redondearon despois co tanto de Ángel un resultado que lle pode dar o pase á final.

Xogaron Nesi, Alex López, Manuel, Fraga, Bruno, Javi, Carlos, Chema, Mateo Dani, Cazás e xogaron despois Germán, Alex Barro, Antón e Jose. (Xentileza de Minchi).

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL (partido aprazado)
CD AS PONTES “B” – RACING DE FERROL “C” (8-1)

Pola súa parte o Benxamín B, en partido que correspondía á fin de semana de Reis, á segunda xornada, e que fóra aprazado no seu día, gañou 8-1 ó Racing de Ferrol C, con catro goles de Destaw Pellón, e un de Diego Lozano, Xalo Graña, Sergio Vázquez e Adrián Díaz. Quintos con 19 puntos reciben ó colista Eume B.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios