O ESTEO FUTBOL SALA

Saída difícil do Esteo este sábado á localidade segoviana de Cuéllar ante o terceiro clasificado da Segunda División B.

122

Saída difícil do Esteo este sábado á localidade segoviana de Cuéllar ante o terceiro clasificado da Segunda División B.

O conxunto pontés está a ter unha tempada moi irregular. Nas últimas catro xornadas só sumou dous puntos e o calendario que lle queda non é nada doado. Na casa recibe ó Pizarras Tres Cuñados e ó Mosteiro Bembrive e visita ó Albense e ó colista Bueu.

Está no posto décimo terceiro cun punto máis có Atlético Benavente, que ocupa praza de descenso. Pola súa banda, o cadro segoviano é terceiro a cinco puntos do líder Noia e a dous do Universidad de Valladolid, segundo.

No pavillón da Fraga venceu o Cuéllar por 2-4 e nos anteriores enfrontamentos na vila da comarca de “Tierra de Pinares”, vitoria contundente por 8-1 do Cuéllar na tempada 2013/14 e empate a un gol na pasada campaña.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” FÚTBOL SALA (26ª)

F.S. CUÉLLAR COJALBA – O ESTEO F.S.
Sábado 9 – Abril – 2016 (18,30 h)
Pavillón Municipal de Santa Clara (Cuéllar)

Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios