RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL NO CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO

O clube pontés desprazou a Verducido a 12 integrantes e sacou un ouro e dúas pratas.

249

Esta pasada fin de semana disputouse o Campionato Galego de Inverno no Embalse de Verducido

En K2 5000, en veteráns, na orla de idade 40-44, impuxéronse Ernesto Gancedo e o mítico Antonio Polo, que o pasado xoves cumpría 40 anos, cun tempo de 21:12, seguidos polos seus compañeiros Jose Antonio Menéndez e o gran Serafín Fontao, ex internacional español de Kayak Polo, con cinco Mundiais e cinco Europeos ás súas costas, con 22:30, sendo terceiros Diéguez-Méndez, do Clube Fluvial de Lugo (22:38).

Nesta mesma categoría tamén foron sétimos Jose Manuel Ferreira e Jose Manuel García (23:17), polo que o Grupo Xuvenil quedou segundo como equipo na xeral, tan só por detrás do Ría de Aldán.

Moi boa actuación tiveron os xuvenís do equipo pontés, Carlos Durán e Martín García, que quedaron oitavos no K2 5000, cun tempo de 22:30, nunha proba gañada por Club Piraguismo Cidade de Lugo, pola parella González Matilla e Fernández Morado (21:45).

Outros resultados foron o 22º posto de Manuel Aleén e Manuel Fernández (Cadete), o 26º de Rubén Basanta e David Tonislavov (Sénior), e Xose Guerreiro e Miguel Domínguez (Xuvenil) acabáronse retirando.

IMG-20160407-WA0008

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios