SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: F.S. CUÉLLAR COJALBA – O ESTEO F.S. (4-1)

Os ponteses están un punto por riba da terceira praza de descenso a falta de catro xornadas.

136

O Esteo non trouxo nada positivo da súa visita a terras segovianas, onde caeu ante o terceiro clasificado, o Cuéllar, por 4-1.

E iso que os ponteses se adiantaban por medio de Héctor, e ademáis dispuxeron da ventaxa da vermella directa a Chuki, pero incomprensiblemente dous goles de Higinio no último minuto poñían o 2-1 antes do descanso.

No segundo tempo, xa cara ó final, Taveras facía o 3-1, e xa con porteiro xogador, e cunha perda de balón Higinio facía o 4-1 definitivo, e selaba o seu particular hat trick, co que os segovianos se aproximan á Copa do Rei.

Quédanlle catro finais ó Esteo, recibir a Pizarras Tres Cuñados, quinto, e Mosteiro de Bembrive, cuarto, e visitar a Albense, oitavo, e ó colista Bueu na derradeira xornada.

Agora mesmo xa semellan descendidos Sala Ourense (20), e sobre todo Bueu (14). A teórica terceira praza de descenso xogaráse entre Boal (28), Cistierna (28), O Esteo (27) e Benavente (26).

FICHA DO PARTIDO

FS CUÉLLAR COJALBA: Cano, Iván, Gonza, Pablo, Chuki –cinco inicial- Taveras, Miguel, Alfon, Lucas, Higinio.

O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Jose López, Tucho –cinco inicial- Bertito, Cospe, Alberto, Héctor, Púas.

ÁRBITROS: Iván Sanz Moreno, Ricardo Prieto González, Mari Carmen Vidal Botran (Valladolid-Salamanca). Amoestaron a Gonza, Taveras, Tucho. Vermella directa a Chuki.

GOLES: Min. 15 (0-1), Héctor. Min. 19 (1-1), Higinio. Min. 20 (2-1), Higinio. Min. 36 (3-1), Taveras, Min. 37 (4-1), Higinio.

INCIDENCIAS: Vixésimo sexta xornada de liga do grupo primeiro da Segunda División B. Pavillón Municipal de Santa Clara, en Cuéllar, Segovia, uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios