CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 8-9-10 / ABRIL / 2016

Segunda xornada de abril na que o As Pontes sumou un valioso empate en Ribadeo nun domingo con resultados adversos para os seus intereses. Tamén gañou o Cadete, que mantén o liderado, e o feminino. O Benxamín A segue líder con 6 puntos de vantaxe e o Alevín B a un punto do líder. Mentres, o Prebenxamín A continúa terceiro no grupo dos mellores.

300

Segunda xornada de abril na que o As Pontes sumou un valioso empate en Ribadeo nun domingo con resultados adversos para os seus intereses. Tamén gañou o Cadete, que mantén o liderado, e o feminino. O Benxamín A segue líder con 6 puntos de vantaxe e o Alevín B a un punto do líder. Mentres, o Prebenxamín A continúa terceiro no grupo dos mellores.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD As Pontes “B” – Galicia de Caranza (0-3)

Triunfo claro e rotundo do Galicia de Caranza na súa visita ó segundo equipo pontés (0-3), que, iso si, polo menos mellorou o resultado da ida, que fóra de 10-0. Sentenciou o cadro ferrolán cun 0-2 nos primeiros cinco minutos, tantos de Pedro Garrote e Yago, e un terceiro de Yeray Daza no segundo tempo poñía o resultado definitivo. Xogaron Rafita, Darío, David, Bruno, Manu, Guille, Lucho, Marcos, Carlos, Rubén, Adrián e despois Juan, Manuel e Alex. Terceiros os ferroláns e novenos os ponteses con 16 puntos, que visitan ó sétimo, San Mateo. Tarde moi fría con auga neve e sarabia, polo que nos instantes finais o árbitro do partido Bejarano Estepa tivo que parar o partido uns minutos debido á intensa sarabiada que caía neses momentos.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia SDC Mugardos (3-1)

Vitoria por 3-1 do feminino ante o Galicia de Mugardos. Dous tantos de Paula Castro, que xa leva 19, encarrilaban o partido antes do descanso. E despois un tanto do cadro visitante en propia meta poñían o 3-0, que Sheila se encargaba de maquillar no derradeiro minuto. As de Pita son sextas con 50 puntos, antes de visitar ó colista A Capela con 5 puntos. Xogaron Leti, Yolanda, Noelia Santalla, Yaiza, Uxía, Andrea Montero, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota e Paula Baamonde.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (2-2)

Cun empate ante o sétimo clasificado Eume (2-2), despedíase practicamente o xuvenil da loita polo título de Liga, e case do play off. Numancia (45 puntos) e Portuarios (43) xa se marchan definitivamente, e os ponteses con 39 e coa terceira praza case asegurada deberán tentar gañar os 4 partidos que lles restan para acabar a Liga da mellor forma posible, comezando pola visita do colista Cariño ó Poboado esta próxima xornada. Comezaron gañando os de Pontedeume cun tanto de Francisco, pero tralo descanso un gol en propia meta e outro de Andrés a continuación dábanlle a volta ó marcador, 1-2,pero co tanto de Christian no último minuto perdeu dous puntos decisivos o equipo de Felipe Mieres, que xogou con Lino, Iago, Jorge, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Nahum, Iván, Rey, Casas, Pita, saíndo despois Xose, Ayrton, Jandro e Alex Pico.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Eume Deportivo (3-0)

Gran vitoria (3-0) do Cadete ante o terceiro clasificado, Eume Deportivo, resultado, que por certo, viría moi ben na volta de Copa ante o mesmo equipo. Así, os azuis, manteñen o liderado con 50 puntos, por 48 dun Portuarios que venceu 0-6 ó colista Galicia de Mugardos. A falta de catro xornadas, media Liga decidirase a vindeira xornada no Portuarios-As Pontes.
A pesar do marcador, o encontro foi moi complicado, pero tres goles de Alberte, un no comezo do segundo tempo, outro nos derradeiros dez minutos e o último xa no desconto deron tres puntos moi valiosos para un cadro de Iván Rodríguez que xogou con Nesi, Alex López, David, Fraga, Manuel, Chema, Carlos, Javi, Dani, Alberte, Cazás, saíndo despois Mateo, Alex Barro, Pani, Criado e Jose.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón (1-2)

Non puido o Infantil co CD Narón co que perdeu 1-2. Adiantáronse os visitantes por medio de Rubén e xa no segundo tempo marcou David, recortando distancias Vicente a pouco do final. Xogaron Juan, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Dani, Adrián, Xan, Xoel, Vicente e Joan, saíndo despois Manuel, Xavi, Edgar, Mohamed e Iván. Oitavos con 12 puntos visitan ó Portuarios, quinto con 19.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
Galicia de Caranza “B” – CD As Pontes (2-1)
CD As Pontes “B” – Galicia de Mugardos “B” (3-2)

Grave tropezo do Alevín A que se despediu da posibilidade de loitar polo título de Liga tras caer sorprendentemente ante o oitavo clasificado, Galicia de Caranza B, 2-1 (Sergio Da Silva). Tamén perdeu o Perlío 2-1 ante o sétimo, Cedeira, con que o celebra o Eume que se escapa con 31 puntos por 28 de feneses e 27 de ponteses, que reciben ó Neda B, quinto con 22. Gañou con sufrimento o Alevín B, 3-2 ante o Galicia de Mugardos B, con hat trick de Alex Montero, pero mantén a pelexa pola Liga, que ten no Rápido de Neda ó líder con 34 puntos, por 33 dos azuis e 32 do Eume B. Visitan ó sétimo, Ánimas B, que conta con 13 puntos.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD San Sadurniño (8-0)
Racing San Pedro “B” C D As Pontes “B” (3-2)

Goleada do Benxamín A, 8-0 ó colista San Sadurniño, con goles de Anxo Blanco (3), Alexo Platas (2),Xandre Fernández (2) e Yeray Paz. Mantéñense líderes con 37 puntos por 31 de O Val C, que é o único conxunto que lles pode facer perder a Liga, a falta de catro xornadas. Próxima visita ó penúltimo, Ortigueira, que ten 10 puntos. Perdeu o Benxamín B 3-2 na súa visita ó Racing San Pedro B. Tantos de Diego Lozano e Xalo Graña. Quintos con 22 puntos, reciben ó líder Galicia de Mugardos.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Ánimas (1-0)
CD Narón “B” – CD As Pontes “B” (1-7)

Boa vitoria do Prebenxamín A por 1-0 ante o Ánimas, gol de Xalo González, co que son terceiros con 26 puntos, no grupo dos mellores. Na vindeira xornada visitan ó Eume Deportivo, oitavo con 12. Goleada do Prebenxamín B ante o CD Narón B, 1-7, con goles de Íker Ares (3), Nacho Villasuso (2), Xalo Cebreiro e Lucas Blanco. Terceiros clasificados con 35 puntos, reciben ó Ortigueira, sexto con 26.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios