CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 15-16-17/ ABRIL /2016

O Alondras, outro dos históricos do fútbol galego (1928), visita o Poboado este domingo por vixésima ocasión en partido oficial.

204

O Alondras, outro dos históricos do fútbol galego (1928), visita o Poboado este domingo por vixésima ocasión en partido oficial.

Os dous equipos están na metade da táboa clasificatoria empatados a 45 puntos, As Pontes 9º e Alondras 10º. Na primeira volta, en campo cangués, o As Pontes venceu por 1-2.

Nos enfrontamentos anteriores no vello campo do Poboado, sete triunfos do As Pontes por cinco do Alondras e sete empates (1-1 en 5 encontros e 0-0 en dous). O As Pontes marcou neses 19 partidos de competición oficial (15 en 3ª División e 4 na Preferente) 33 goles por 16 do Alondras.

A maior goleada pontesa rexistrouse na tempada 1966/67. Foi un 7-0, con 4 goles de Juan, 2 de Domínguez e un de Carlos. O entón Calvo Sotelo aliñara nese partido, disputado o 13 de novembro de 1966, a Man, Pazos, Bañuelas, Maxi, Roca, Pichi, Linitos, Domínguez, Juan, Carlos e Mosquera. Na tempada 2012/13, 4-0 a prol do As Pontes e na seguinte o resultado foi de 6-0.

TERCEIRA DIVISIÓN (34ª xornada)
C.D. AS PONTES – ALONDRAS C.F.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes) – DOMINGO 17 (17,30 h)
ÁRBITRO: DAVID NOVOA BENAVIDES (Vigo)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
SAN MATEO CF – CD AS PONTES “B”
Campo de Trasancos – San Mateo (Dom. 17, 17,00 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – CD CARIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 16, 12,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
SCD A CAPELA – CD AS PONTES
Campo dos Calzados – A Capela (Dom. 17, 11,00 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES
Campo de Aneiros – Ferrol (Sáb. 16, 11,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES
Campo de Aneiros – Ferrol (Ven. 15, 18,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 16, 10,15 h)
SRD ÁNIMAS “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara – Ferrol (Ven. 15, 18,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES
Campo de San Claudio – Ortigueira (Sáb. 16, 12,00 h)
CD AS PONTES “B” – GALICIA SDC MUGAROS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 16, 11,25 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara – Pontedeume (Sáb. 16, 11,30 h)
CDAS PONTES “B” – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 6, 12,35 h)

CATEGORÍA BIBERÓN (Liga Afaco)
AD MIÑO – CD AS PONTES
Campo de Gallamonde – Miño (Sáb. 16, 12,00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios