Nota de prensa do BNG: A cola do paro un ano despois

Un ano despois da famosa cola do paro, (onde se xogaba co desemprego local, onde se prometía unha carga de traballo inexistente, onde se falaba de planos de emprego…), a Central Térmica de As Pontes, está en traballos de reparación.

354

Un ano despois da famosa cola do paro, (onde se xogaba co desemprego local, onde se prometía unha carga de traballo inexistente, onde se falaba de planos de emprego…), a Central Térmica de As Pontes, está en traballos de reparación. Pero non voltamos a ver colas de traballadores, nen declaracións do Goberno Municipal insistindo na súa preocupación pola taxa de desemprego. O que ocorreu hai un ano, non foi máis que unha manipulación, para sair nos medios de comunicación, e para dar un barniz, a máis que preocupante situación da mocidade, na nosa vila.

Desde o BNG de As Pontes, insistimos, como vimos facendo de vello, na urxéncia da elaboración dun plan de emprego, e dun plan industrial, para frear a taxa de paro que sofremos e a perda constante de habitantes. Esa debe ser unha das prioridades da equipa de goberno do Psoe, e polo que vemos, non é tal.

colaparo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios